tag:blogger.com,1999:blog-5851339370490299729.post5913655526091248104..comments2022-03-24T15:06:26.231+01:00Comments on Biblio Ollos Grandes: As linguas suman (Lingua I)Bibliotecahttp://www.blogger.com/profile/11804754239313590468noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5851339370490299729.post-88402681044577238942009-06-11T00:18:41.390+02:002009-06-11T00:18:41.390+02:00Algúns non coñecemos o que é sentir vergonza por p...Algúns non coñecemos o que é sentir vergonza por procurarmos disfrutar do galego. Empregámolo nas nosas aulas para achegarmos un pouco máis a lingua nosa, orixinaria, a un alumnado que, nas cidades, parece evitala. Facémolo, entre outras razóns, porque entendemos que así serán cidadáns máis libres. A liberdade é o coñecemento que, no noso país, está garantido para o castelán pero non para o galego. É, polo tanto, o noso deber como docentes promover o seu uso.

Algúns, como decía, non coñecemos esa sensación de vergonza tan atribuída ao galego-falante do rural chegado á cidade. Pero sentimos outra diferente, abrasiva, ao vermos como a administración se serve do ben común para xustificar uns centos de votos e altas doses de protección nos medios. E como se serve das familias para amosar mans limpas tras a desfeita, en actitude irresponsable e cobarde. Tantos anos de persecución, desprezo, desprazamento e ridiculización da lingua galega parece que non chegaron.

Como é posible ofrecer un ensino de calidade cando negamos a posibilidade de competencia na lingua propia e impedimos a liberdade de elección co castelán? Esta impotencia que sentimos carrexa a vergonza da que falo.

A enquisa sobre o uso do galego no ensino non ten sinatura oficial, carece de selo orgánico, ven redactada de xeito ridículo por duplicado, supón un custo disparatado, deseñouse ás costas do sistema educativo... Non o pode disimular. Ela tamén está chea de vergonza.

Manuel V.manuelnoreply@blogger.com