Chegaron! Os primeiros contos para para iPad e iPhone serán apresentados mañá, día 17, en Madrid, no Foro Internacional dos Contidos Dixitais.
Esta aplicación é novidosa na edición galega e está integrada en ContoPlanet, grazas á Editorial Galaxia e a Perro Verde Films, coa colaboración tecnolóxica de Milrayas.
Segundo informa a editorial, no sitio de Apple Store, na libraria Contoplanet, "poderán descargarse os contos, animados, con posibilidade de personalización, en galego, castelán e inglés, Puag, que noxo! e Un can no piso', de Fina Casalderrey (ilustrados por Xan López Domínguez e Kristina Sabaite), Quen son?, de Alicia Borrás (con ilustracións de Andrés Meixide), Voces na lagoa do espantallo!, de Xan López Domínguez e Conto para non comer, de Oli (tamén ilustrado por Andrés Meixide). Nun primeiro instante e durante un tempo promocional, Puag, que noxo! poderá descargarse de balde.
O usuario vai acceder a unha experiencia interactiva que lle permitirá ler os contos, escoitar as locucións (feitas por profesionais do mundo da dobraxe galega) en tres linguas, ou gravar as súas propias para personalizar absolutamente o conto. Deste xeito, cada libro é unha experiencia persoal, con zonas táctiles, efectos de son e animacións."
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário