Mostrar mensagens com a etiqueta Clube de Lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Clube de Lectura. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 23 de novembro de 2012

Clube de Lectura 2012-2013 Ollos Grandes

Un ano máis comezamos coas actividades do Clube de Lectura. Este ano está formado por uns 25 alumnos de 2º e 3º de ESO . Estamos lendo unha selección de relatos de Roald Dahl. Reuniremonos para comentar as nosas impresións en dous recreos no mes de decembro. Estarán postas as datas no taboleiro da entrada á Biblioteca.
Deixámosvos unha foto da nosa primeira reunión.

sexta-feira, 7 de outubro de 2011

1 Libro = 1 Euro

1 Libro = 1 Euro ~ Save The Children




La ONG "Save the children" ha lanzado una campaña para recaudar fondos llamada 1Libro1Euro. Ésta es la explicación de la campaña:  Puedes hacer clic en los enlaces y bajarte un libro gratis, con total libertad. A cambio sólo te pedimos que dones 1 euro o más. Nadie va a controlarte. Si decides donar o no, queda entre tú y tu conciencia. A nosotros nos parece un trato justo.

Éstos son algunos de los libros que ofrecen: 




segunda-feira, 11 de abril de 2011

Fran Alonso no Clube de Lectura

 
Carme Jorge Díaz queda xa declarada como unha das autoras deste blogue: a falta de impresións de outras persoas, sempre podemos contar con que Carme vai partillar con nós o seu punto de vista sobre unha actividade en que non puideron participar todas as persoas que o desexarían.
Foi o que aconteceu no Clube de Lectura de secundário recentemente: despis de leren as Cartas de Amor de Fran Alonso, tiveron un encontro con el na biblioteca. E, a seguir, a opinión de Carme:
  


Fran Alonso é un home non moi alto, e séntase tras dunha mesa. É organizado e bastante metódico, polo que se pode aprezar. Algo perfeccionista, atreveríame eu a dicir. Veu falarnos do seu libro Cartas de Amor. Neste libro, diversas mulleres que se atopan en lugares e situacións variadas, -tes para escoller-, escriben cartas ás persoas que aman. Non só fala este libro de amor, tamén fala da guerra, da fame, da incomprensión, da inmigración, da soidade, do abandono.  Hai casos nos que as protagonistas escriben a súa carta para despedirse. Outros para recordar que seguen aí. E outras, para poder contarlle a alguén o que lles pasa, que están a seguir a pesar do adverso das circunstancias.  Cartas que poderían clasificarse case de todo, unha das últimas cousas como as que as clasificas é como cartas de amor.
 
   Fran (supoño que o poderei chamar así) cóntanos que escribe desde moi novo, e que antes escribía historias de humor, o que lle facía gañar pequenos concursos que facían na súa clase. Este libro non é de humor, precisamente. E por iso pregunteille se é que a vida nos fai iso. A súa resposta foi: "Non é iso, os meus outros libros conteñen partes moi grandes de humor". Coido que é verdade.
 
   Ademais diso, el ten visto moito mundo. Con todo, non me refiro aos lugares ricos e turísticos que probablemente viu, refírome aos lugares que quedan ocultos tras unha grande capa de petróleo e billetes. Vai a África moito, e ten estado en Filipinas. Tamén estivo en Cabo Verde e nun campo de refuxiados do Sahara, dous lugares dende os que parten dúas das súas cartas. Fran non só é escritor. Tamén é editor, en Xerais, e ten editados varios dos seus libros. Dixo que é moi escrupuloso cando o fai el. E non lle queda nada mal, a verdade.
 
   En resumo, onde ti ves un home normal e corrente, atópase un destes pequenos tesouros que só ás veces podes atopar nesta variopinta sociedade.
 
                                                                         (Carme Jorge 3ºA)
 
 

quarta-feira, 2 de fevereiro de 2011

Jaureguízar na biblioteca

 No pasado venres, Santiago Jaureguízar veu conversar con alumnado que  participa no Clube de Lectura.
Aínda que varias persoas se brindaron a deixar por aquí unhas impresións do evento, por agora só temos as de unha grande lectora, Carme Jorge Díaz, de 3º A . A Carme, a Jaureguízar, a Esther e a quen nos deixar comentarios ou opinións sobre este encontro literario, moitas grazas.

Jaureguízar é un home alto, con gafas. Tatexa lixeiramente ao falar, supoño que un pouco polos nervios de ter que lidar cun grupo de adolescentes. Vén falarnos dun libro A coroa de Napoleón. O protagonista é un rapaz de dezaseis anos, namoradizo e aventureiro, que está a investigar o caso dunha coroa que Napoleón empregou para coroarse emperador. Unha novela policíaca cunha trama non moi complexa, desas ideais para ler nunha tarde aburrida, unha novela entretida.
O autor, ademais de falar do seu libro, pregúntanos cousas sobre a nosa rutina. Mesmo nos dá consellos aos que, coma min, queremos ser escritores: que os libros teñan poucos personaxes, que sucedan en lugares coñecidos para nós e que os personaxes sexan xente que coñecemos.
Jaureguízar mira a hora a cada pouco, ten que marchar ao periódico a traballar. Pero non se vai antes de asinar un libro.
Carme Jorge Díaz



terça-feira, 25 de janeiro de 2011

Clube de Lectura

Os clubes de lectura do Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes, dirixidos por Esther Rodríguez, infórmannos sobre os interesantes libros que están a ler.


Este martes (día 18) tivo lugar a última xuntanza de adultos....O libro a debate foi El sueño del celta, de Vargas Llosa. O seguinte que imos ler é Brooklyn, de Colm Toibin.

O alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a súa reunión no pasado venres. O libro de lectura foi A coroa de Napoléon, de Jaureguizar, autor que nos visitará o venres 28 de xaneiro. O seguinte libro (eles ainda non o saben) será Cartas de amor, de Fran Alonso. O día de xuntanza está aínda por determinar, falarémolo este venres.



domingo, 25 de abril de 2010

Clube de Lectura - Nova xuntanza























Data e Hora
: 5 de maio de 2010, 18h
Lugar: Biblioteca Ollos Grandes
Libro: O Xiro Postal
Autor: Ousmane Sembène

O Clube de Lectura do noso centro convócavos a tod@s a partillar a novela "O xiro postal" do escritor senegalés Ousmane Sembène. Nesta ocasión, o Clube proponvos un relato esfolador da África subsahariana, vertida ao galego pola Editorial Rinoceronte, e que nos ha permitir mergullarnos nun universo pouco coñecido aquén do Mediterráneo.

Animámosvos a participar desta curta pero intensa lectura e a achegarvos na data e hora indicadas á sesión do Clube.

sexta-feira, 19 de fevereiro de 2010

Adiada a sesión do Club de Lectura



Este mércores estaba programada unha sesión do club de lectura para debullarmos o último libro de Saramago: Caim

A chegada da tan agardada versión orixinal en portugués demorouse ata hoxe, polo que cómpre adiar a nosa xuntanza. A nova convocatoria é:

Día e Hora: Mércores, 4 de marzo ás 18h.
Lugar: Biblioteca Ollos Grandes

Esta sesión está aberta a todo o alumnado, polo que vos animamos a que vos achegades a partillar esta lectura que, sen dúbida, dará moito xogo.

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010

Jorge de Vivero: Ventanas al Campo

A obra Ventanas al Campo fecha a triloxía Los buenos momentos (xunto con Paisajes del recuerdo e Tan Animales) do escritor, profesor e, até hai uns meses, compañeiro Jorge de Vivero.
Mañá, día 5, ás 13h. será apresentado o libro no salón de actos do instituto. Para alén da presenza do autor, participarán o editor, Santiago Martínez e ilustrador, Resti López Hernández; por parte do centro, intervirá un representante da  dirección e as alumnas Antía García, Sara Iglesias e Ana Ferreiro que tratarán  de cada un dos libros da triloxía
O acto, por razóns de espazo, estará dirixido para o alumnado  de 4ºD ESO e 1º de Bacharelato; mesmo así, calquera outro integrante da nosa comunidade educativa ou o público que o desexar, está convidado a asistir.


Ventanas al campo, segundo lemos na contracapa, "son unha serie de olladas ao transcorrer da Natureza ao longo dun ano. Unhas veces predomina o descritivo, outras o lírico e, en ocasións, o iónico. Case sempre, todo isto xunto"
Máis información, aquí.











 

domingo, 31 de janeiro de 2010

Con Saramago, polo Haiti

 


Lemos isto no Caderno de Saramago:

Uma Jangada de Pedra a Caminho do Haiti

As minhas palavras são de agradecimento. A Fundação José Saramago teve uma ideia, louvável por definição, mas que poderia ter entrado na história como uma simples boa intenção, mais uma das muitas com que dizem estar calcetado o caminho para o inferno. Era a ideia editar um livro. Como se vê, nada de original, pelo menos em princípio, livros é o que não falta. A diferença estaria em que o produto da venda deste se destinaria a ajudar as vítimas sobreviventes do sismo do Haiti. Quantificar tal ajuda, por exemplo, na renúncia do autor aos seus direitos e numa redução do lucro normal da editora, teria o grave inconveniente de converter em mero gesto simbólico o que deveria ser, tanto quanto fosse possível, proveitoso e substancial. Foi possível. Graças à imediata e generosa colaboração das editoras Caminho e Alfaguara e das entidades que participam na feitura e difusão de um livro, desde a fábrica de papel à tipografia, desde o distribuidor ao comércio livreiro, os 15 euros que o comprador gastará serão integralmente entregues à Cruz Vermelha para que os faça seguir ao seu destino. Se chegássemos a um milhão de exemplares (o sonho é livre) seriam 15 milhões de euros de ajuda. Para a calamidade que caiu sobre o Haiti 15 milhões de euros não passam de uma gota de água, mas A Jangada de Pedra (foi este o livro escolhido) será também publicada em Espanha e no mundo hispânico da América Latina – quem sabe então o que poderá suceder? A todos os que nos acompanharam na concretização da ideia primeira, tornando-a mais rica e efectiva, a nossa gratidão, o nosso reconhecimento para sempre.

José Saramago  é o autor escollido para o noso próximo encontro do Clube de Lectura, coa obra Cain. Mais, agora, esperamos con estas súas palabras, crearmos o mais grande clube de lectura comprando -e lendo- a súa obra A jangada de pedra, publicada en español como La balsa de piedra.
Pensache algunha vez que lendo podías actuar solidariamente? Son só 15 euros. Non pases!


quinta-feira, 28 de janeiro de 2010

Club de Lectura - Caín de José Saramago




Despois dos traballos realizados coas lecturas "Sextinario" e "La soledad de los números primos" toca agora profundar nunha lectura cargada de contido (aínda que non de páxinas): Caín/Caim do premio Nóbel portugués José Saramago. Neste seu novo libro Saramago repasa algunhas pasaxes do Antigo Testamento desde a mirada omnipresente dun supervivinte Caín, encargado de reflexionar e valorar as actuacións divinas cara o pobo xudeu.

Deixamos varios exemplares na biblioteca á vosa disposición.




Lugar: Biblioteca do centro.
Día e Hora: Mércores, 24 de febreiro ás 18h.
Asistencia aberta a todo o alumnado!

segunda-feira, 18 de janeiro de 2010

Nova sesión do Club de Lectura



O mércores 20 de xaneiro ás 18h na nosa biblioteca teremos unha nova sesión do Club de Lectura Ollos Grandes, ao que, por suposto, ficades convidados. Proporemos novas lecturas e compartiremos as nosas percepcións dos dous libros sobre os que comezamos a traballar este ano: Sextinario de Marica Campo e La Soledad de los Números Primos de Paulo Giordano.

Agardámosvos.

terça-feira, 8 de dezembro de 2009

Tuga-lugo-lendo na biblioteca



No pasado venres, desde a biblioteca viaxamos a Cabo Verde, ao deserto, á  África... pola voz de Silvino Lópes Évora e de Édson Alves, con formosísima presentación de Joseph Ghamine, professor de português na EOI de Lugo.
O motivo foi a presentación pública do Clube de Leitura Tuga-lugo-lendo, grupo creado para a leitura de obras da lusofonía; a iniciativa de crear este clube partiu do profesorado de português da Escola de Linguas de Lugo, mais está aberto a quen quixer participar; de feito, como dicíamos nunha recente entrada, varias persoas do centro somos xa "tugalugueses".
O poeta cabo-verdiano, Silvino Lopes Évora, apresentou o seu libro Rimas no deserto (que podes pedir na bilbioteca). Por súas palabras, a obra pretende esencialmente "tentar captar as dificuldades de vida de pessoas de diversas camadas sociais e partes do globo que, muitas vezes, perante um deserto de oportunidades, tem que rimar (que, metaforicamente, aqui quer dizer remar, lutar, contrariar as adversidades da vida) para continuar a viver e manter viva a esperança de alcançar uma vida com mais dignidade e tranquilidade".
Para quen perdeu o acto, dixamos a reportaxe que Zé Manuel Nunes, xentilmente, subiu á rede:




E, para acabar, estas fotos, tamén com sabor musical cabo-verdiano:



Nos media, aquí, aqui e aquí, na páx. 8.

terça-feira, 1 de dezembro de 2009

Nesta semana, tres clubes de Leitura no instituto


Si, tres: o Clube Ollos Grandes para 4º de ESO e Bacharelato,  o Clube Ollos Grandes para o resto do alumnado -en ambos pode participar calquera outra persoa da Comunidade Educativa- e o Clube Tuga- Lugo-Lendo, para leitoras e Leitores em português.
Os dous primeiros terán sesión mañá, mércores, día 2: o de "maiores" comentará, a partir das 18h00, as impresións, emocións e o que for saindo a partir da lectura de Sextinario: trinta e seis + tres,
de Marica Campo. O Clube Ollos Grandes de 2º e 3º de ESO reunirase no recreo para concretar a próxima lectura (será un relato de medo, mais non desvelamos a autoría, aínda).




Tuga-Lugo-Lendo será apresentado a todo o público interesado no próximo venres, ás 19.30, tamén na biblioteca. E non debedes perder o evento porque teremos música e poesía: poesía na voz do poeta mozambicano Silvino Lopes Évora e mornas de Cabo Verde con Édson Alves.

Este Clube, de que forman parte varias persoas deste instituto, naceu por iniciativa do Departamento de Português da EOI de Lugo e está aberto a quen desexar partillar leituras da lusofonia.

Aínda non pertences a ningún destes clubes? Pois perdes risos, emocións, conversas...Decídete!

Para ir abrindo boca, deixamos este poema,evocador de Cortázar, de Marica Campo:

Cortazaraina
Albamente, así cedo, nunha limba
ao compás dos lamurcios e na liomba
volver atrás o lámpado da glucia.
Maramando na praia, abrir o leso
a todas as lembranzas, fretar lanxios.
Nas sombras de tralén, aldar a boca.


Non sabes lumegar coa túa boca,
aprenderás cabo de min na limba
e verás como ardoran moitos lanxios.
Alí eu poñerei a nosa liomba,
ofrecereiche en cunca todo o leso
e así has coñecer un mar de glucia.


A vida éche moi longa, pouca a glucia,
cómpre salmelentar lambando a boca
para proclivecer o sol e o leso.
Agárdanos moi branca acesa limba
no medio e medio cenital da liomba
mentres, polo arredor, cantan os lanxios.


Algún día verás aquí os lanxios
a mesturar a súa e nosa glucia.
Será un albecer na grande liomba
cando o salmelentado chegue á boca.
Alí será, todo esplendor a limba,
a cantiga primeira polo leso.


Perderas as batallas polo leso,
pasaras toda a vida a buscar lanxios
lonxe do cardiomol, alén da limba.
Entreveras, quizais, algunha glucia
no tremulir do cordio cara á boca
a presaxiar o nome azul da liomba.


Un mundo de selenes vén á liomba
cando ti vas comigo polo leso
a iniciares a rolda dende a boca.
Tamén nos fan un corro silvos lanxos
e beben no moldor enteira a glucia
mentres ti soldemoras pola limba.


A túa danza, a limba nesta liomba,
do carrusel do leso leva os lanxos
a poñerche de glucia toda a boca.


quinta-feira, 5 de novembro de 2009

Clube de Lectura

O Clube de Lectura do noso centro comeza a súa andaina neste curso 2009 e 2010 con dúas propostas para os próximos meses de decembro e xaneiro. Nestas convocatorias, abertas a todo o alumnado, esfarelaremos dúas lecturas moi especiais: Sextinario de Marica Campo e La Soledad de los Números Primos de Paolo Giordano.

Contamos con varias copias destes libros á vosa disposición na nosa biblioteca.

segunda-feira, 23 de março de 2009

En breve, reunión do Clube Ollos Grandes


Mércores, ás 18 h. e, como sempre, na Biblioteca, conversaremos sobre e/ou a partir de Edgar Allan Poe.
Xa sabedes que estas reunións das tardes de algúns mércores son para o Clube Ollos Grandes de Segundo ciclo de ESO e Bacharelato; o alumnado do 1º ciclo de ESO ten as reunións nos recreos dos mércores marcados nas reunións. O resto de lectoras e lectores poden acudir a calquera das citas.
Recordamos os títulos que decidimos ler e que están ao voso dispor na biblioteca en lingua galega, inglesa e castellana. Clicando nos títulos, podes facer unha lectura virtual:
Para os máis novos:
O escaravello de ouro
Para os demais:
O corazón delator
O pozo e o péndulo
A caída da casa Usher
O barril de amontillado
O gato negro
Manuscrito achado nunha botella

Se preferes ler en portugués, aquí encontrarás alguún dos relatos.
Na nosa sección da columna lateral, tedes unha guía que elaborou a coordenadora do Clube, Esther Rodríguez, e aquí bonita e interesante información que realizaron na biblioteca amiga do IES Sánchez Cantón de Pontevedra e que coñecemos grazas ao seu blogue Mesturas.

quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009

Adiada a reunión do Clube de Lectura



Por non poderen asistir varios integrantes do Clube de Lectura Ollos Grandes, a reunión de hoxe, mércores, trasládase á próxima semana, en día que se comunicará con tempo.
Por outra parte, o grupo do Clube que está a ler Tintín no Tíbet ten na columna lateral e aquí unhas orientacións sobre a India, realizadas pola profesora Esther Rodríguez García, coordenadora do Clube.

quarta-feira, 14 de janeiro de 2009

Xuntanza do Clube de Lectura "Ollos Grandes"

O mércores 14 de xaneiro o Clube de Lectura do noso instituto xuntouse para comentar os relatos "Arraianos" de Méndez Ferrín. Os detalles que algún compañeiro pasara por alto foron suliñados e interpretados por outra compañeira, ata pecharmos entre todos unha lectura máis rica e completa.

Pero como non podía ser doutra maneira, as distintas perspectivas deron lugar a animadas conversas sobre a presentación nos medios e na literatura galega da guerra civil. Falouse da represión en Galicia, da tortura gratuita, da transición non modélica, da monarquía anacrónica, do papel da prensa como refuxio de identidades..., ata que o tempo nos botou da biblioteca.

O mércores 11 de febreiro ás 18h volveremos a xuntarnos. Comentaremos "Made in Galiza" de Sechu Sende, unha reflexión irónica e cercana do uso da lingua galega. Por suposto, visitaremos tamén os cerros de Úbeda.

Animamos a todo o alumnado a que acuda a esta xuntanza. Entre todos intentaremos facer unha lectura máis acertada das cousas que acontecen neste mundo tan difícil de comprender.

terça-feira, 9 de dezembro de 2008

"Balbordo" e os Clubes de Lectura na TVE

O Clube de Lectura Balbordo do IES Río Cabe de Monforte e, por medio del, os Clubes de Lectura das Bibliotecas Escolares da Galiza foron noticia na TVE.
Parabéns ao perssoal lector de Balbordo.
Non deixes de visitar a páxina do blogue dos nosos colegas de Monforte onde podes seguir as reportaxes da TVE e, de paso, dar unha ollada ao seu traballo.

Reunión Clube Ollos Grandes




Como se aveciñan as vacacións, o Clube de Lectura Ollos Grandes reunirase fóra do seu horario habitual; o encontro será na biblioteca mañá, mércores 10, na hora do recreo.
Non faltes: aínda vas ter tempo para comeres algo e dar unha voltiña.

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

Clube Ollos Grandes



O noso clube de lectura -Clube Ollos Grandes- xá está lendo, mais achámoste en falta.
Como é que aínda non te anotache? Só hai unha condición: querer compartir unha hora do teu tempo para conversarmos sobre o que lemos ou sobre o que, a partir do lido, nos pareza de interese.
Aínda estás a tempo: fala con calquera integrante do Departamento de Lingua Galega e Literatura ou anótate na Biblioteca. Non te vas arrepender.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...