Mostrar mensagens com a etiqueta Compromiso. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Compromiso. Mostrar todas as mensagens

domingo, 7 de junho de 2015

A orde das cousas?

Os nosos alumnos e alumnas resístense a cantar só sobre pombas e flores. En Máis páxinas interesantes desta ligazónBlogs contra a violencia de xénero, aparecen os blogs creados por eles mesmos e nos que comentan o vídeo A orde das cousas presentado na Biblioteca pola psicóloga Amanda Díaz, presidenta da asociación Enriqueta Otero.


Dende Bibliolhosgrandes agradecemos a súa colaboración, así como o grande traballo que está a facer a súa asociación contra a violencia de xénero en Lugo. Unha completa páxina web, chea de información: E-muller mercadiños solidarios, concienciación, colaboración con outras entidades sen ánimo de lucro...
Como nos blogs contra a violencia de xénero xa ides atopar o vídeo e as reflexións do alumnado, deixámosvos esta performance realizada nas rúas de Lugo, coa colaboración da asociación Enriqueta Otero.



quinta-feira, 11 de setembro de 2014

PourQuoi? OUKA LEELE expandir a voz de Caddy Adzuba.

  • Este novo curso escolar dámosvos a benvida coa petición de que vexades este vídeo e o expandades. Na liña dos pasados cursos, queremos poñer o noso gran de area para visiblizar o invisible.
  • A xornalista congoleña Caddy Adzuba, Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2014, vive ameazada de morte por denunciar a falta de liberdade de prensa e a violencia contra as mulleres.
 A Fundación Mulleres por África celebra a concesión do premio Príncipe de Asturias da Concordia 2014 á xornalista congoleña Caddy Adzuba, e coincide co xurado en que este galardón recoñece  a súa traxectoria na loita pacífica contra a violencia que afecta ás mulleres, a pobreza e a discriminación, a través dun labor arriscado e xeneroso.


quinta-feira, 10 de abril de 2014

A guerra non é un xogo, na Biblioteca

Jéssica Núñez Rego, coordinadora autonómica da Cruz Vermella xuventude en Galicia, estivo na nosa Biblioteca. Trouxo consigo a impactante exposición sobre nenas e  nenos soldados, que estará connosco ata o venres 11 de abril.
Podedes atopar máis información nas seguintes ligazóns:
Non máis nenos soldado!, Diamante de sangue que protagoniza Leonardo Di Caprio, en Invisibles  ou en Aquel no era yo.



                                       


quarta-feira, 24 de abril de 2013

Biblioteca solidaria



El blog "Educación para la solidaridad" se presenta como una plataforma para la promoción de personas libres y solidarias en un mundo donde los derechos de los más débiles son pisoteados. Su biblioteca solidaria tiene una gran cantidad de descargas gratuitas, pincha aquí para acceder


sábado, 19 de janeiro de 2013

Solidaridad con el cáncer infantil

Canción "Seguiremos", colaboración entre Hospital Sant Joan de Déu y Macaco

Los niños y niñas de la planta de Oncología del Hospital Sant Joan de Déu, y los profesionales y voluntarios que les acompañan en el centro, cantan junto a Macaco la canción "Seguiremos", un mensaje de esperanza para concienciar sobre la importancia de la investigación en la lucha contra el cáncer infantil.

Haz tu donativo en http://www.obrasocialsantjoandedeu.org si quieres financiar la investigación del cáncer infantil.



Gracias a nuestra compañera Belén Gato por el enlace!

sexta-feira, 20 de janeiro de 2012

Concurso: microrrelatos ou poemas pola Paz



  • Se non costumas escribir poemas, relatos ou calquera outra obra de creación, non abandones a lectura deste post.
  • Se, pola contra, escribes ocasional ou frecuentemente, esta entrada vaiche interesar.

    Como saberedes, o  día 30 de xaneiro conmemórase, desde 1964, o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia por iniciativa do poeta mallorquino Llorenç Vidal. Con este motivo, a Biblioteca quere facer un convite para,  ao menos por un tempiño, reflexionarmos sobre o significado deste día e sobre o noso papel para contribuírmos a este valor tan escaso nos tempos que vivimos.
    Por iso e entre outras actividades, convocamos un concurso de microrrelatos ou poemas que, de algunha forma, se relacionen coa efeméride. Estas son as Bases.

    Se non tedes claro o que é un microrrelato, aquí temos unha definición, aquí, algúns exemplos, neste enlace, microrrelatos dun concurso escolar.
    Sendo o teu a poesía, unha opción (non obrigatoria, claro) sería creares un micro-poema, tipo Haikai, Haiku ou Haicai. Aqui, un exemplo:


    Fonte

    quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

    Excepcional: Isaac Diaz Pardo




    Sempre me marabillou escoitar a palabra de Isaac Díaz Pardo, o humor que a acompañaba, a súa xenialidade. Diso ficamos orfos desde hoxe, mais non do que a xenorosidade e teimosía súas permitiron que legase a Galiza.
    Un dos obxectivos máis perseguidos de  Díaz Pardo foi  facer real unha idea de Lorenzo Varela: crear o xornal Galicia, cuxo nome lembraría a cabeceira que Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012) realizara en Vigo (1922-1926). Foi con este fin que  no 26 de novembro de 1977 se constituíu no Museo Carlos Maside a sociedade “Instituto Galego de Información, S.A.”.
     Infelizmente, empecillos de diverso tipo, especialmente políticos, foron ralentizando o proxecto até acabar por leválo á parálise total. Só chegamos a coñecer o número 0, publicado no 23 de xaneiro de 2007, precisamente como homenaxe ao infatigábel promotor.  E aquí o deixamos, tamén como honra e agradecimento a Isaac Díaz Pardo:

    sábado, 19 de novembro de 2011

    Manifesto de Lugo


    Pasaron 93 anos desde que, nos días 17 e 18 de novembro, se reuniran en Lugo por vez primeira todas as Irmandades da Fala. Daquela asemblea saiu o Manifesto de Lugo, considerado como a acta de nacemento do nacionalismo galego. Nel, Galiza é definida como nación e, por iso, reclámase a sua autonomia integral e ainda a cooficialidade da lingua galega.

    Con motivo desta efeméride, teremos hoxe en Lugo algunhas actividades organizadas, ora pola AC Cultura do País, ora por Mádia Leva (clicando nos enlaces, podes coñecer os horarios).
    Un dos actos máis relevantes (ás 18h30, no Centro de Convivencia Maruxa Mallo) vai estar protagonizado polo noso caro colega, o profesor-doutor Xosé Luís Novo Cazón; falará sobre Lois Peña Novo, personalidade marcante das Irmandades ben coñecido polo profesor: Lois Peña Novo : Irmán da Fala, agrarista; avogado; galeguista; republicano: a paixón política: historia dunha frustración é o título dun dos estudos da súa autoría.

    Outros actos decorrerán na rúa da Raíña, ao pé do hotel Méndez Núñez (lugar en que se reuniron as Irmandades) onde van ser lidos textos relevantes na nosa historia. De carácter máis lúdico vai ser a III Festa Dandi, na Sala Doble Moral (Pza. da Horta do Seminario), a partir das 23h00.  "Consistirá nun concerto do grupo Os da Ría Íntimos, con entrega dos Premios Dandi e algunha que outra sorpresa", segundo informan aquí.

      Hai en que escoller. Como para non ficar na casa!

    sexta-feira, 7 de outubro de 2011

    1 Libro = 1 Euro

    1 Libro = 1 Euro ~ Save The Children




    La ONG "Save the children" ha lanzado una campaña para recaudar fondos llamada 1Libro1Euro. Ésta es la explicación de la campaña:  Puedes hacer clic en los enlaces y bajarte un libro gratis, con total libertad. A cambio sólo te pedimos que dones 1 euro o más. Nadie va a controlarte. Si decides donar o no, queda entre tú y tu conciencia. A nosotros nos parece un trato justo.

    Éstos son algunos de los libros que ofrecen: 




    sexta-feira, 25 de março de 2011

    Compromiso


    Neste serán, temos en lugo dúas oportunidades de nos comprometer coa realidade  máis próxima:

    A primeira, ás 20h00 na Praza Maior, responde a unha convocatoria internacional (varios países hispanoamericanos  tamén van protestar) para nos opor ao maltrato aos animais.

    Media hora despois, ás 20h30, no centro de convivencia Maruxa Mallo, o historiador e autor do Atlas Histórico da Galiza, José Manuel Barbosa,  e o profesor e escritor Calros Solla falarán sobre o patrimonio; a palestra responderá ao título Non vos imos gardar o segredo. Crónica da desfeita do patrimonio galego.
    Estas palabras do profesor Solla, recollidas no seu blogue  O Embigo do Becho, tan infelizmente reveladoras da realidade que creamos, serven de orientación para o conteúdo da charla:

    "Fagan quilómetros, crucen Galicia de norte a sur, de leste a oeste. Agás, fabas contadas, todo ao noso arredor semella froito da improvisación, da grosaría e da provisionalidade: a preservación da paisaxe, a xestión do patrimonio, a planificación urbanística... "

    domingo, 30 de janeiro de 2011

    125 anos...

    ... faría hoxe Castelao (1886-1950).
    "Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma (...)¿Como chamaríamos a un bárbaro que consentise o derrubamento do Pórtico da Gloria? Pois é certamente máis bárbaro quen deixa morrer un idioma"

    A principal institución galega, que se negou a declarar este 2011 como Ano Castelao e se excluiu de o homenaxear, rexeita coa súa política lingüística estas e outras palabras de Castelao, extraídas do Sempre en Galiza, cuxa última versión foi publicada por Através Editora, nesta lingua "extensa e útil" de que el falaba.

    A nosa biblio expón, no corredor da planta baixa, os documentos de que dispomos canto a obra plástica e libros; enriqueceuse coas aportacións da profesora Áurea Maria Penas Roibás, responsábel da biblioteca, que emprestou un cadro sobre o autor, e do profesor Mateo Mendaña, que recreou a maioría das Cousas da Vida e do álbum Nós.
    Non deixedes de a visitar. Por mais que creamos coñecer a obra de Castelao, sempre encontraremos algo novo.

    quarta-feira, 26 de janeiro de 2011

    O mundo pode cambiar cun pouco de corazón: lección de Joaquín Mendoza

    Este título estractámolo das palabras que José Rey López, de 1º C de BAC, escribiu para este blogue, contándonos as impresións tiradas da charla de Joaquín Mendoza anunciada aquí:

    O pasado martes recibimos no noso instituto a visita de Joaquín Mendoça, un ilustre cirurxián que falou ás clases de 1º de bacharelato sobre a súa vida.
    Joaquín, á parte de ser un gran investigador que traballa con células nai, tamén ten unha faceta moi solidaria: é o presidente da ONG Cirurxiáns do Mundo e falounos acerca deste seu labor que chegou a tocar a nosa fibra máis sensible. Cada ano viaxa, xunto cun grupo de médicos, á nación africana de Uganda para curar xente pobre que non pode recibir atención médica de calidade.

    Na súa viaxe, atopou a Niwarinda, un neno  africano cun estraño síndrome que leva o seu nome por ser o único caso rexistrado polo momento. Niwarinda tiña unhas graves deformacións faciais que facían a súa vida moi complicada en todos os aspectos, tanto na alimentación coma noutro aspecto que, aínda que non doe fisicamente, é incluso pior: a discriminación entre os seus iguais. Tras unha serie de operacións, os médicos foron capaces de reconstruír o seu rostro e darlle a vida que un neno normal debe ter.

    Tras unha gran lección de humanidade, explicounos o seu traballo como investigador;
    comezou dicindo “A medicina química está tocando o seu fin” e parece que é verdade.
    Joaquín traballa con células nai, células capaces de transformarse noutras de doutro tipo. Deste xeito, pódense rexenerar tecidos como órganos, como un polbo que pode recuperar os brazos, pero hai moitos tipos, embrionarias, umbilicais e adultas.
    As primeiras podémolas encontrar en embrións, as segundas no cordón umbilical dos bebés e as últimas no noso propio corpo, que serían restos do noso tempo como embrións. As células nai adultas, a pesar de seren moi escasas, unha entre un millón, podémolas extraer, facer que se reproduzan e volver a introducilas para que se convertan noutro tipo de células (nerviosas, sanguíneas, óseas…) e, desta forma, facer que unha zona morta pase a estar moi viva. E todo isto sen o conflito ético que supón o uso de células embrionarias, simplemente serían as nosas propias células recolocadas noutro lugar.

    Así poderíamos curar moitas enfermidades como o alzheimer ou o parkinson, pero o problema non sería simplemente crear novas neuronas. Tamén deberíamos identificar o factor que fai que morran. Pero iso só é cuestión de tempo.

    Quizais nun par de décadas sexamos capaces de usar as células nai na nosa medicina ordinaria e facer que a química de Pasteur e de Fleming chegue ao seu fin, dando lugar a unha medicina biolóxica onde podamos sandar moitas enfermidades incurables e facer realidade o que hoxe parece ciencia-ficción; en calquera caso será grazas a xente como Joaquín, que se dedica a investigar para, cos seus traballos, facer as nosas vidas moito máis sinxelas e agradables.

    Por último, desexo agradecer a súa visita, que nos ensina que o mundo pode cambiar cun pouco de corazón, que o traballo duro ten recompensa e que tamén aquí os nosos descubrimentos teñen importancia, aínda que vivamos nunha pequena cidade.


    Moitas grazas, José; as persoas que non puidemos asistir temos, por ti, a oportunidade de sabermos un pouco máis. Esperamos outras colaboracións túas.








    sexta-feira, 18 de junho de 2010

    José Saramago

    Nós tamén batemos palmas -co público do vídeo-, emocionadas coa despedida de José Saramago e como homenaxe ao autor de Caim, recente leitura do Clube Ollos Grandes, e de outros grandes romances: Levantado do chão, O ano da Morte de Ricardo Reis, O evangelho segundo Jesus Cristo, Memorial do Convento, Ensaio sobre a cegueira...




    A entrada do pasado día 9 n'Os Outros Cadernos de Saramago, con ligazón na nosa columna lateral:

    Começar a ler foi para mim como entrar num bosque pela primeira vez e encontrar-me, de repente, com todas as árvores, todas as flores, todos os pássaros. Quando fazes isso, o que te deslumbra é o conjunto. Não dizes: gosto desta árvore mais que das outras. Não, cada livro em que entrava, tomava-o como algo único.


    E a publicada hoxe:

    Acho que na sociedade actual nos falta filosofia. Filosofia como espaço, lugar, método de refexão, que pode não ter um objectivo determinado, como a ciência, que avança para satisfazer objectivos. Falta-nos reflexão, pensar, precisamos do trabalho de pensar, e parece-me que, sem ideias, nao vamos a parte nenhuma.

    domingo, 13 de junho de 2010

    Trafegando causas nobres

    Trafegando Ronseis é  blogue de cabeceira, é máis que un blogue; Gracia e Anxo (criadores),como se deduce dos seus nomes e, especialmente do que nos dan cada día, deben de ter poderes especiais para transmitiren  tanta información a que están  atentes, para alén das súas aulas e da súa vida. No sentido orixinal da palabra, ficamos sempre obrigadas e obrigados co seu labor.

    E, máis outra vez, adiántanse a algunhas das nosas intencións e dannos o traballo feito. É o caso desta selección de imaxes impactantes, usadas publicitariamente por causas  ben nobres:

    Non menos impactante e provocadora de replantexamentos do noso proceder é estoutra selección (neste caso, para nós, descoñecida:


    Moitas grazas, Ronseis

    quarta-feira, 9 de junho de 2010

    (Re)animando palabras, (re)animando a lingua

    Iso é o que fan no IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas; os implicados foron unha profesora, un profesor e alumnado de 1º e 4º.
    Moitas grazas por nos regalardes con esta obra tan formosa.
    Despois do vídeo, as explicacións da realización, recollidas da web do centro.



      
    "Utilizando unha técnica moi sinxela, o stop-motion (unha sucesión de fotografias de pequenos movementos que vistas a certa velocidade dan a sensación de movemento real) converten en protagonistas da película cousas que consideramos como xenuinamente galegas: palabras, zapatos, xogos, pan, postres, verduras como grelos e pementos e mesmo instrumentos musicais ou libros. Os sons da película son as voces do alumnado de 4º mentres que o de 1º colaborou en tarefas como movemento de obxectos e pintura con pegadas dactilares. Ademáis este vídeo ten dous colaboradores de excepción: García MC (Dios Ke Te Crew) e a profesional do sector audiovisual Diana Toucedo que actualmente traballa en Barcelona"

    sábado, 1 de maio de 2010

    Queremos outro Maio

    Infelizmente, mudando só algúns símbolos do poema, sentimos que non avanzamos tanto:

    Ahí ven o maio
    de frores cuberto ...

    Puxéronse á porta
    cantándome os nenos;
    i os puchos furados
    pra min estendendo,
    pedíronme crocas
    dos meus castiñeiros.

    Pasai, rapaciños,
    calados e quedos;
    que o que é polo de hoxe
    que darvos non teño.
    Eu sonvos o probe
    do pobo galego:
    pra min non hai maio,
    ¡pra min sempre é inverno! ...

    Cando eu me atopare
    de donos liberto
    i o pan non me quiten
    trabucos e préstemos,
    e como os do abade
    frorezan meus eidos,
    chegado habrá estonces
    o maio que eu quero.

    ¿Queredes castañas
    dos meus castiñeiros?...
    Cantádeme un maio
    sin bruxas nin demos;
    un maio sin segas,
    usuras nin preitos,
    sin quintas, nin portas,
    nin foros, nin cregos.

    Curros Enríquez: Aires da miña terra

    segunda-feira, 19 de abril de 2010

    Ponte nas ondas

    Portugaliza - Margaret Menezes from Pontenasondas on Vimeo.


    Perdoade por andarmos tarde: no día 16 deste mes, celebrouse a XVI edicción de Ponte nas Ondas e non avisamos para colaborar neste evento inter-escolar da Galiza e Portugal, unha experiencia de grande valia para a preservación do noso comun patrimonio inmaterial.
    Felizmente, aínda se pode deixar algún contributo (a foto máis antiga dos avós, a frase preferida deles, aquilo que gustarías herdar do seu saber...); para iso, infórmate e participa aquí, antes do día 23.
    Para seguir os vídeos, vai a esta páxina.
    E, quen quixer, pode aínda participar no Congreso Internacional que se celebrará os días 23 e 24 de abril no Museo do Verbum de Vigoe e, no día 25 de abril -Dia da Liberdade- na Casa da Cultura do Melgaço. Para se inscribir, aquí

    quarta-feira, 14 de abril de 2010

    Castelao. A derradeira lección do mestre

     A non perder:
    Hoxe inaugúrase no Museo Provincial de Lugo esta Exposición que  se corresponde con obra realizada por Castelao entre os anos 1936 e 1950. O acaso fixo que, tamén hoxe, o Parlamento da Galiza declarase a obra de Castelao como Ben de Interese Cultural (BIC).

    Con entrada gratuíta, os horarios da exposición son estes:
    Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
    Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
    Domingos e festivos: 11 a 14 h.
    De María do Pilar García Negro e Felipe-Senén López Gómez, comisiarios da exposición, seleccionamos o inicio do emotivo texto con que a apresentan e que se pode ler á íntegra na páxina do Museo:

    "No 7 de Xaneiro deste 2010 cumpríronse 60 anos da morte de Castelao. Esta Exposición a el dedicada quer, a pé feito, conxurar unha perniciosa parsimonia, non casual, a que nos leva a demorar de máis no coñecemento da nosa historia e, por tanto, a ignorármonos nós mesmos. O caso de CASTELAO (Galiza Rianxo, 1886 -Buenos Aires, 1950) é particularmente chamativo, porque se dá a circunstancia de que non só constitúe un precioso antecedente cultural e político, senón que o pensamento e a praxe por el elaborados están aínda lonxe de teren cumprimento na Terra a que serviu. Non está superado.
    Entre o silencio e o ditirambo oco hai un camiño considerábel, o do coñecemento actualizado, a perspec-tiva realista e o dereito a orgullármonos da nosa propria historia, a comezar pola que nos significou de forma digna, non a que nos caricaturizou inclemente. Este necesario coñecemento de nós, este reencontro, é o que pretendemos con esta Exposición montada arredor da maior personalidade galega do século XX, Castelao. A importancia e a transcendencia da súa obra fan del un compatriota invulgar, porque aunou, en toda a súa actividade, múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, carica¬turista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista. Mais todas as faces deste poliedro tan fértil obedecen a unha mesma motivación e aspiración: a significación cultural e a representación política da Galiza como nación que debía ser coñecida e recoñecida como tal, tanto fóra como dentro dela mesma. Porque non abdicou nunca, en toda a súa vida adulta, dun duplo deber: a devolución aos galegos da súa historia e da súa cultura, e a proxección do universo galego en España e no mundo".

    25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                        Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...