- Se non costumas escribir poemas, relatos ou calquera outra obra de creación, non abandones a lectura deste post.
- Se, pola contra, escribes ocasional ou frecuentemente, esta entrada vaiche interesar.
Como saberedes, o día 30 de xaneiro conmemórase, desde 1964, o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia por iniciativa do poeta mallorquino Llorenç Vidal. Con este motivo, a Biblioteca quere facer un convite para, ao menos por un tempiño, reflexionarmos sobre o significado deste día e sobre o noso papel para contribuírmos a este valor tan escaso nos tempos que vivimos.
Por iso e entre outras actividades, convocamos un concurso de microrrelatos ou poemas que, de algunha forma, se relacionen coa efeméride. Estas son as Bases.
Se non tedes claro o que é un microrrelato, aquí temos unha definición, aquí, algúns exemplos, neste enlace, microrrelatos dun concurso escolar.
Sendo o teu a poesía, unha opción (non obrigatoria, claro) sería creares un micro-poema, tipo Haikai, Haiku ou Haicai. Aqui, un exemplo:
Fonte
Sem comentários:
Enviar um comentário