Mostrar mensagens com a etiqueta Escrita. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Escrita. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 20 de novembro de 2018

VIII Concurso de creación Avelina Lamas

O departamento de Lingua castelá e literatura do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín) convoca o VIII Concurso de creación Avelina Lamas, ao que se pode concorrer baixo as seguintes categorías:
Marcapáxinas:  consiste nun deseño libre que debe incluír un breve texto, todo inédito.
Portada dun libro:  elaboración dunha portada a partir dun texto literario xa publicado.
Poesía visual:  resultado da combinación entre un texto literario e unha imaxe, ambas  inéditas.

Destinatarios alumnado de primeiro e segundo ciclo da ESO, programas de mellora, FP básisa e Bacharelato.
Prazo de entrega:   30 de xaneiro de 2019
Bases concurso Avelina Lamas 2018-2019: pincha aquí

quinta-feira, 30 de março de 2017

Concurso "Contos sobre rodas"


XVII Concurso Contos sobre Rodas
Destinatarios/as
Persoas de calquera idade.
Convoca
Empresa ALSA.
Obxectivo
Fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes e o transporte en autocar, así como promover o hábito da lectura entre os viaxeiros.
Requisitos
  • Poden participar no concurso cantos autores o desexen, cunha ou máis obras escritas en castelán.
  • As obras deberán ser orixinais e inéditas, e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar.
  • A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografiados por unha soa cara cunha extensión máxima de 3.000 palabras.
Prazo
Ata o 30 de abril de 2017.

Bases do concurso: aquí
Premio
O Xurado, cuxo fallo será inapelable, concederá un único premio dotado con 6.000 euros.
O fallo farase público o 30 de xuño de 2017 a través da páxina web: www.alsa.es


quinta-feira, 15 de dezembro de 2016

Concurso literario

Os institutos de Educación Secundaria de Lorca (Murcia) convocan o XLIII Certame Literario María Agustina
Destinatarios/as
Poderán participar os/as mozos/as que o 28 de xaneiro de 2017 teñan entre 16 e 23 anos, con traballos escritos en lingua castelá.
Modalidades
Haberá dúas modalidades:
  • Narración Curta: De tema libre e con extensión máxima de 10 páxinas, en formato A4, a dobre espazo, tipo de letra Estafes New Roman , de 12 puntos e marxes mínimas de 2,5 cms.
  • Poesía: Uno ou varios poemas de tema libre e extensión máxima de 100 versos, escritos a dobre espazo.
Premios
O Xurado nomeado para o efecto outorgará os seguintes premios en cada unha das modalidades:
  • Primeiro: 1.000 €.
  • Segundo: 500 €.
Envío das propostas
Os traballos enviaranse exclusivamente por vía telemática á dirección electrónica: mariaagustina@iessanjuanbosco.es
Esíxese que a obra sexa inédita e que non fose premiada con anterioridade en ningún certame ou actividade literaria.
O fallo do Xurado farase público en abril a través da páxina web http://www.mariaagustina.es/ ademais de ser comunicado persoalmente ás persoas premiadas.
Prazo
O prazo para presentar as obras estará aberto ata o día 28 de xaneiro de 2017
Máis información: pincha aquí

quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Emoción ante o Obradoiro con Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, poeta, narradora, dramaturga ensaísta, divulgadora, articulista..., e premiada profusamente, tanto pola súa escrita como polos valores que transmite: defensa da muller, da nosa lingua...vainos acompañar, este xoves 29 de xaneiro, para transmitir xenerosamente o seu saber, que é moito.
Autora de letras para o xa mítico grupo Fuxan os ventos, cóntanos nesta ligazón como comezou a escribir: Autobiografía?.
Tamén podemos escoitala nalgún dos numerosos vídeos , que o Centro de documentación da  Asociación de escritores en lingua galega cede ao público, ou gozala nalgún dos seus artigos agochada baixo A tecelá en outono.

Ficheiro:Marica Campos.jpg
              Benvida, Marica!

Foto: IES Manuel García Barros. A Estrada ( Pontevedra)


quarta-feira, 14 de maio de 2014

Concurso de relatos


O Centro Oceanográfico de Vigo organiza un Concurso de Relatos, para conmemorar o Centenario do Instituto Español de Oceanografía, coa investigación mariña como temática.

Haberá dúas categorías, unha xuvenil (de 12 a 17 anos) e adulto (máis de 18); e dúas modalidades, unha de microrrelatos (máximo 500 palabras) e outras de relatos curtos (entre 800 a 1500 palabras).

O prazo presentación finaliza o día 17 de maio de 2014, ás 15 horas.

Bases do concurso: pincha aquí 

terça-feira, 18 de março de 2014

Eu quería traballar e ser feliz como todo o mundo: Anna Vives




Anna  é unha tipografía en formato dixital deseñada por Anna  Vives. Anna é unha rapaza con Síndrome de Down que  dedicou un ano enteiro a achegarse ao mundo da letra, traballando a lectura e a escrita. A través da observación do entorno e a investigación de diferentes publicacións impresas analizou as formas que poden adoptar as letras.  A intención orixinal da tipografía é imitar os trazos da escrita de Anna, unha grafía moi particular xa que mistura caracteres en maiúscula e minúscula indistintamente.

Ao ser unha tipografía de letra ligada é moi adecuada para utilizar en textos cortos ou de carácter informal. A tipografía Anna está composta por 126 caracteres correspondentes ao alfabeto latino, signos de puntuación, acentos e algúns caracteres especiais. Estará apta no futuro para máis idiomas.

Podes descargala neste enlace, totalmente de balde:   Anna Vives

Empezou sendo unha distración e acabou cambiando a vida de Anna, a xove con Síndrome de Down que hai uns meses creou esta tipografía tan persoal. Tanto, que xa a locen deportistas e vémola en campañas de publicidade e cadeas de negocios.

domingo, 26 de janeiro de 2014

A solución ás túas dúbidas.

Vídeo sobre un dos moitos beneficios da lectura. Os prexuízos xa os sabes:
A lectura prexudica gravemente a ignorancia!


sábado, 25 de janeiro de 2014

Concurso Cultural para estudiantes de Bachillerato


El Centro Internacional de Estudios Superiores del Español (CIESE-Comillas) ha convocado el I Concurso Cultural para estudiantes de Bachillerato de los centros educativos de toda España, 

Tema del trabajo: se presentarán trabajos originales e individuales centrados en el tema ‘Español con futuro: nuestra lengua y cultura en el mundo de hoy’. 
Para la elaboración de los proyectos, los estudiantes podrán estar tutorizados por sus profesores.

Formato del trabajo : es libre y abierto a la amplia diversidad de expresiones culturales. Los estudiantes podrán escoger entre el soporte de papel, cuyos trabajos estarán limitados a la presentación de 20 páginas como máximo; y el vídeo o el audio, que no podrán exceder los cinco minutos de duración y deberán tener una calidad mínima de imagen de 2Mbs.
Los trabajos originales serán acompañados por una breve memoria justificativa que describa y explique el proyecto propuesto y su finalidad,
Plazo de presentación de los trabajos: hasta el próximo 28 de febrero.
Más información: pincha aquí



domingo, 5 de fevereiro de 2012

Premios pola Paz

Estas son as persoas premiadas polas súas creacións para o Día da Paz e da Non Violencia:


Parabéns e moitas grazas a todas as persoas desta lista!

Agora, convidamos á lectura das composicións que o alumnado fixo con motivo deste Día Escolar da Paz e a Non Violencia:



sexta-feira, 20 de janeiro de 2012

Concurso: microrrelatos ou poemas pola Paz



  • Se non costumas escribir poemas, relatos ou calquera outra obra de creación, non abandones a lectura deste post.
  • Se, pola contra, escribes ocasional ou frecuentemente, esta entrada vaiche interesar.

    Como saberedes, o  día 30 de xaneiro conmemórase, desde 1964, o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia por iniciativa do poeta mallorquino Llorenç Vidal. Con este motivo, a Biblioteca quere facer un convite para,  ao menos por un tempiño, reflexionarmos sobre o significado deste día e sobre o noso papel para contribuírmos a este valor tan escaso nos tempos que vivimos.
    Por iso e entre outras actividades, convocamos un concurso de microrrelatos ou poemas que, de algunha forma, se relacionen coa efeméride. Estas son as Bases.

    Se non tedes claro o que é un microrrelato, aquí temos unha definición, aquí, algúns exemplos, neste enlace, microrrelatos dun concurso escolar.
    Sendo o teu a poesía, unha opción (non obrigatoria, claro) sería creares un micro-poema, tipo Haikai, Haiku ou Haicai. Aqui, un exemplo:


    Fonte

    terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

    Mellor á man e sobre papel

    Escribir á man semella que fortalece o proceso de aprendizaxe, segundo conclúe a Dra. Anne Mangen, especialista en Lectura no Centro Nacional de Investigación e Ensino da Lectura da Universidade de Stavanger, na Noruega, nun estudo realizado en colaboración co neurofisioloxista Jean-Luc Velay, da Universidade de Marsella, e que viu a luz na publicación científica Advances in Haptics.

    Anne Mangen decidiu investigar se algo se perde cando o estudantado adulto prioriza o computador, tanto para se imformar como para escribir. Ao que parece, cando escribimos manualmente, o noso cerebro retroaliméntase de maneira diferente e máis significativa que cando usamos un teclado.

    Moito se ten cuestionado o proxecto Abalar, tal e como se está plantexando e por diferentes motivos. Será adecuada a integración das TIC no aprendizado  tal e como se apresenta desde este proxecto?

    25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                        Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...