Mostrar mensagens com a etiqueta Actividades. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Actividades. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 29 de junho de 2018

Actividades formativas STEM en inglés


Convocatoria de axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e matemáticas) do alumnado de 3º e 4º ESO.

A actividade «STEMweek» en lingua inglesa pode proporcionar ao alumnado galego un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía, ademais de ofrecer unha oportunidade para a mellora da competencia comunicativa en lingua inglesa.

Quenda
Lugar
Datas
Idioma
Nº de alumnos/as
Curso
CDR A Coruña
26 agosto-1 setembro de 2018
Inglés
100
3º ESO
CDR A Coruña
2-8 setembro de 2018
Inglés
100
4º ESO

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día se- guinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG)= 12 de xullo

Máis información: pincha aquí (= DOG Martes 12 de xuño de 2018



quarta-feira, 17 de janeiro de 2018

Obradoiro de Microcine.

Comezou este luns un obradoiro de dúas sesións na Biblio: "Obradoiro de Microcine", a cargo do realizador e mestre Leandro Escudero.
A idea é a formación de alumnado interesado en participar nun concurso de curtas organizado dende o propio centro e coa igualdade de xénero como temática.

quinta-feira, 21 de dezembro de 2017

Banco de alimentos e Xadrez na Biblio!

Hoxe viñeron do Banco de Alimentos de Lugo a buscar todo o cargamento de doazóns que se conseguíu no cole. Gracias a tod@s polas vosas aportacións.

E para rematar a avaliación organizamos dende a Biblio un Obradoiro de Iniciación ó Xadrez a cargo do campión Pablo López Varela, subcampión galego e 6º de España empatado co 3º, é dicir, un crack na categoría sub-12.
Todo un éxito na Biblio!

 

quinta-feira, 15 de junho de 2017

Colonias de vacacións (Inglés) 1º y 2º ESO


Período de inscrición
Do 09/06/2017 ao 29/06/2017
Información
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 1.000 axudas (500 axudas para 1º de ESO e 500 axudas para 2º de ESO) para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións, para o verán de 2017.
Este programa desenvólvese durante o período vacacional do verán e consiste na asistencia a colonias nas que se traballarán prioritariamente os aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa.
Estas axudas distribúense en dúas quendas e en dous grupos:
  • Primeira quenda para alumnado de 1º de ESO: do 30 de xullo ao 13 de agosto de 2017. Grupo I: 300 axudas de ata 476 euros. Grupo II: 200 axudas de ata 326 euros.
  • Segunda quenda para alumnado de 2º de ESO: do 13 ao 27 de agosto de 2017. Grupo I: 300 axudas de ata 476 euros. Grupo II: 200 axudas de ata 326 euros.
Prazo
Ata o 29 de xuño de 2017.
Participantes
Alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Más información: pincha aquí.



sexta-feira, 24 de março de 2017

Sementando poesía en Lugo



Non sei se coñecedes o Mercado da Terra. Trátase dun punto de encontro de compra-venda de produtos ecolóxicos, naturais, locais e de temporada  que decorre todos os martes, entre as 17:00 e as 20:00 da tarde no Mercado Municipal de Lugo, na rúa Quiroga Ballesteros.

E ten algunha relación  o Mercado e a Biblioteca? Desta vez, moita: entre as interesantes e diversas actividades que organizan, a do próximo martes, dia 28, ás 17:30, abraza Poesía, Papel e Terra.

Acudindo a Sementando Poesía, as persoas participantes poderán elaborar papel reciclado; entre as fibras das follas resultantes, inseriránse sementes de diferentes plantas. Despois, é o momento de as persoas se expresaren con debuxos, poemas, cancións...
Aínda, unha vez acabadas a elaboración e a parte creativa, poden "sementarse", oferecéndoas como presentes  a alguén. E falta o máis bonito: estas follas poden sementarse de verdade para agromaren as sementes e... quen sabe se a poesía...

Con esta actividade, Do Mercado da Terra reivindican o seu labor, ao tempo que manifestan a relación estreita daquilo que os ocupa co respeito e amor pola Terra.

A asistencia vai ser, como sempre, gratuíta e dirixida a todas as idades.

A non perder!


domingo, 7 de junho de 2015

A orde das cousas?

Os nosos alumnos e alumnas resístense a cantar só sobre pombas e flores. En Máis páxinas interesantes desta ligazónBlogs contra a violencia de xénero, aparecen os blogs creados por eles mesmos e nos que comentan o vídeo A orde das cousas presentado na Biblioteca pola psicóloga Amanda Díaz, presidenta da asociación Enriqueta Otero.


Dende Bibliolhosgrandes agradecemos a súa colaboración, así como o grande traballo que está a facer a súa asociación contra a violencia de xénero en Lugo. Unha completa páxina web, chea de información: E-muller mercadiños solidarios, concienciación, colaboración con outras entidades sen ánimo de lucro...
Como nos blogs contra a violencia de xénero xa ides atopar o vídeo e as reflexións do alumnado, deixámosvos esta performance realizada nas rúas de Lugo, coa colaboración da asociación Enriqueta Otero.



quarta-feira, 20 de maio de 2015

Semana do drama na Biblioteca

Como conta Belén Gato no seu blog Dale a la lengua, foi unha semana incrible. Para conmemorar o día internacional do teatro ( 27 de marzo), alumnos de 1º ESO B e 4º ESO A encheron a Biblioteca de ledicia, paixón e moita profesionalidade.
Unha selección de textos, moi variada, por parte de 1º ESO e unha dramatización sobre Galileo por parte de 4º ESO.
Previamente, o alumnado asistiu a un taller teatral impartido por María Grandío.
A seguir as imaxes e vídeos correspondentes ao taller e ás brillantes actuacións.

Belén Gato despedíndose de María Grandío

María Grandío:  profesora anoxada ou alumna choni?

E, Galileo Galilei, por fin, veunos visitar á Biblioteca. Baseado na obra de Carlos Freire: Noite máxica, na que son recreados os logros dos maiores científicos da historia: Newton, Marie Curie...

                                         
                                           
E as estrelas son:

 Miguel Álvarez Pérez ( Secretario)
Daniel Boullosa Obelar (Técnico de son e audio)
Mercedes Gómez López (Soldado)
Lidia González Rodríguez ( Estudante)
Francisco Ibañez López   ( Estudante)
Antón LLenderrozas Ron  (Pai)
Marta Rodríguez Matanzas ( Soldado)
Antía Romero Villamor   ( Voceira tribunal)
Uxía Rouco Álvarez   ( Voceira tribunal)
Juan David Serrano López ( Presidente do tribunal)
Andrea Teijeiro González   ( Galileo)
Irina Vidal Quiñoá   (lacaio)
E coa colaboración especial de Susana Fernández Carreira  ( nai)
           

quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Emoción ante o Obradoiro con Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, poeta, narradora, dramaturga ensaísta, divulgadora, articulista..., e premiada profusamente, tanto pola súa escrita como polos valores que transmite: defensa da muller, da nosa lingua...vainos acompañar, este xoves 29 de xaneiro, para transmitir xenerosamente o seu saber, que é moito.
Autora de letras para o xa mítico grupo Fuxan os ventos, cóntanos nesta ligazón como comezou a escribir: Autobiografía?.
Tamén podemos escoitala nalgún dos numerosos vídeos , que o Centro de documentación da  Asociación de escritores en lingua galega cede ao público, ou gozala nalgún dos seus artigos agochada baixo A tecelá en outono.

Ficheiro:Marica Campos.jpg
              Benvida, Marica!

Foto: IES Manuel García Barros. A Estrada ( Pontevedra)


segunda-feira, 12 de janeiro de 2015

Premio á orixinalidade para o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Un ano máis, o xurado da Asociación de Belenistas da nosa cidade otorgou un premio ao noso belén. A árbore dos desexos, realizada con enciclopedias da Biblioteca do centro, daba acubillo ao Misterio colocado sobre as alfombras bolivianas que representaban a universalidade dos desexos de paz, amor, fraternidade... A Comunidade Educativa puido escribir os seus desexos para o vindeiro ano.
Mañá,  venres 16, terá lugar a entrega de Premios na Fundación ás 20 horas.
 Estades convidados a asistir!


quinta-feira, 6 de março de 2014

Máis alá das estrelas

 Por Borja Nuñez Gómez

O pasado venres día 21 de febreiro, estivo na biblioteca do noso instituto un autor especial:
 Enrique Barrera.
O motivo da  visita foi a presentación do seu libro Máis alá das estrelas.
O libro vén cargado de ciencia-ficción, fantasía, astroloxía e astronomía, misterio... Tamén aparece a cidade de Lucus ( xa vos imaxinades a que cidade se está a referir), Pegaso e outros lugares, planetas e personaxes que teremos a posibilidade de coñecer se lemos este libro.
O escritor, ademais, tivo a amabilidade de deixar dous exemplares na nosa biblioteca, polo que agora unha volta por todo o universo vainos saír de balde!.
Só nós, os rapaces e rapazas de 3º ESO C, tivemos a ocasión de coñecelo, mais non teñades envexa compañeiros, doutra vez seredes vós os afortunados e agardamos para entón, que compartades por esta vía as vosas impresións!




quinta-feira, 20 de fevereiro de 2014

Xa chega o Entroido!

 Preme  na palabra Entroido e comeza a mergullarte nesta festa, que en Galicia é tan variada:
 Mecos (Que son? vén á Biblioteca), peliqueiros, cigarróns, pantallas...
 Non esquezas que, o xoves 27, o Ciclo de Animación Física Deportiva conta contigo, coa túa orixinalidade  no disfraz e...bo facer na cociña. 
 Este ano pídome ser xurado!

terça-feira, 14 de janeiro de 2014

Que pasa na Biblioteca??!!

Unha imaxe, din, vale máis que mil palabras. Así, pois, deixámosvos estas imaxes do traballo realizado na biblioteca e co que gozamos tanto, principalmente pola vosa presenza e colaboración. Formación de usuarios, Samaín, hora de ler, guía dereitos humanos ( grazas Suso por nos facer un calendario), cine coa especial participación da ex-alumna Bea Meilán que protagoniza O Crime da Legua Dereita, club lector que dirixe Esther Rodríguez, exposicións fermosas como a de Samaín ou a dirixida por Fátima sobre a viaxe á Rochelle, catalogadores catalogando, claro!, charlas interesantísimas como a de Paco Nieto e o valor da voz, e-books que podes pedir para levar a casa...e o Belén do centro galardoado cun primeirísimo premio onde colgamos as estrelas dos dereitos humanos.
 Ah, xa estamos tramando outras e novas actividades para o 2º trimestre que comezarán coa celebración do Día da Paz. Non as podes perder!
Biblioteca Ollos Grandes (Lugo) 2013-14 on PhotoPeach

quarta-feira, 18 de dezembro de 2013

Calendario da lectura

Este ano o Equipo da biblioteca vén de elaborar este fermoso calendario, con consellos lectores, libros e filmes que podedes atopar na nosa biblioteca.
O tema elixido foron os Dereitos Humanos. Queremos unirnos á posta en valor dos mesmos, plasmados no creativo belén que os nosos compañeiros ( Victoria Ares, Marisa Rodríguez, Claudio Castro e Aurelia Vázquez ) elaboraron  este ano, unha vez máis, voluntariamente e só pensando en que toda a comunidade o disfrute.

quinta-feira, 12 de dezembro de 2013

O valor da nosa voz



Seguimos lendo e...escoitando.
O locutor de radio Paco Nieto visitou  o noso instituto. E, na biblioteca, ensinounos ao alumnado de 4º ESO, diferentes arquivos de voz de personaxes tan coñecidos como: Castelao, Fraga, Franco falando en inglés, Don Xoán Carlos…
Explicounos a importancia de conservar arquivos de voz, xa que hai moitas fotografías mais tamén teriamos que dar importancia a conservar a voz de seres queridos.
Tamén nos ensinou arquivos de voz, como un do 23-F e  sentimos a voz de medo do locutor e algún que outro erro á hora de falar de personaxes políticos e, mesmo, algún locutor.
O Departamento de Orientación coordinou esta actividade proposta polo Concello de Lugo.
Unha actividade moi interesante e da que agardamos poidan gozar todos os compañeiros de 4º ESO.
Yaiza López Otero,autora deste artigo, forma parte do Club de Lectura do IES Ollos Grandes. Nas fotos  con Paco Nieto e cos seus compañeiros do Club,que dirixe a profesora Esther Rodríguez García.





segunda-feira, 2 de dezembro de 2013

Beatriz Meilán: perseguindo soños

Acábase de estrear a derradeira película producida por Cool Films. Trátase dun pequeno grupo de actores que aínda que con poucos recursos, pero con moita paixón, loitan polo teatro galego. Facer isto posible, ten aínda mais mérito, pois todos os actores da película, que se dedican aos seus traballos ou estudos, atoparon pese as dificultades, tempo libre para facer este traballo. O crime da legua dereita está baseada en feitos reais que se produciron en 1911, levada aos tempos actuais. Un crime que se cometeu na Terra Chá, e que tivo as súas orixes en Madrid. Alí por aquelas datas se atopaba unha enferma de cancro de pel. Polo consello dun curandeiro e para seguir a instrucións dun macabro ritual, que pensaban que lle acadarían a súa curación; cavilaban que si se lle colocaba a pel da cara de alguén arrancada en vivo, se curaría. E así o fixeron, levando a cabo tan horripilante acto, cun veciño dunha aldea da referida comarca galega. Cando a pel chegou a Madrid, a rapaza xa estaba morta. A casa na que se produciu a desgraza foi a mesma na que gravaron as esceas para a película. Trátase do lugar de A Legua Dereita, situada entre os Concellos de Vilalba e Begonte. A actriz Beatriz Meilán forma parte das personaxes principais; unha ex-alumna do Centro, que agora esta estudando Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Xa dende nena, participou activamente entre outras, nas actividades de Teatro no Centro de Fingoi. A nosa profesora de Lingua do Centro, sempre a animou a proseguir nesta actividade cultural. Bea lémbrase das súas participacións no Teatro, con moita morriña e saudade. Por certo, a propia Mavisa xa ten antecedentes con outros alumnos do centro: ao gran actor Luis Tosar  pois, no seu criterio, estaba feito para o mundo da interpretación. Anos despois, é un dos actores destacados do panorama cinematográfico mundial. Pero volvendo a Bea, este no é o seu primeiro traballo no cine, pois xa vén de participar en varias curtametraxes, actuando numerosas veces no Círculo de las Artes, e facendo varias performances en plena rúa. Cabe sinalar que ao preguntarlle como ten tempo para estudar, e dedicarlle tamén tempo ao Teatro, sen esquecer a os seus amigos, ela responde: “cando de verdade sentes paixón por algo, e aínda que non teñas moito tempo, falo con ledicia. De tal xeito, organízaste e así se só tes unha hora para estudar a aproveitas máis que se tiveras toda a tarde”.
Fontes: Artigo por Isabel Vázquez Nuñez- 1º BAC C
            Título por Lucía Saavedra González- 1º BAC E
             Fotos: Equipo Biblioteca e Isabel Vázquez Nuñez
Beatriz Meilán: O Crime da legua dereita on PhotoPeach

quinta-feira, 19 de abril de 2012

23 de abril Día do Libro

Durante a semana do 23 ao 27 de Abril, a biblioteca convídavos a homenaxear o libro coas seguintes actividades:
  •  Exposición de libros no corredor da Biblioteca. 
  •  Libro en branco a carón da exposición para que nos escribades o título do libro e autor co que máis gozastes. 
  •  Entrega dos libros doados polos distintos Departamentos á Biblioteca Antón Moreda de Calde
E, de agasallo, deixámosvos este fermoso vídeo:

terça-feira, 13 de dezembro de 2011

Concurso Samaín-Halloween

Non todo é formación de usuarios na nosa Biblioteca. A cultura e a tradición mesturada coa actualidade tamén ten cabida doutros xeitos. O Concurso de Samaín-Halloween é boa proba disto. Gastronomía, arte, deseño, tecnoloxía...formaron un todo neste Concurso. E para proba a acta cos nomes dos premiados e estas divertidas fotos.




ACTA XURADO CONCURSO SAMAÍN-HALLOWEN

BIBLIOTECA 2011-2012


1º PREMIO

STEISY DE LA TORRE BARONA 2º B


2º PREMIO

TAMARA PÉREZ CASTRO 1º BAC C


3º PREMIO

IRINA VIDAL 1º ESO A


4º PREMIO

CANDELA DE PABLO 2º B


ACCÉSIT

NADIA NAJI LÓPEZ 2º C

ALFONSO JOSÉ CHAS SEIJAS 2º ESO B

LIDIA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 1º ESO B

ANTÍA ROMERO VILLAMOR 1º A

ANTÍA D. R.

CELTIA DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ

LAILA AL-SOUFI NOVO

SAMUEL FERREIRO FERNÁNDEZ

Samaín-Halloween on PhotoPeach

sexta-feira, 28 de outubro de 2011

Samain e outras historias

Se nestes días de folga, isto é, de descanso, alguén ten interese en participar en actividades propias deste tempo, quere ter maior información ou vai preparar unha participación para o concurso referido no post anterior, deixamos algunhas recomendacións:

- Informacións sobre a orixe do Samain: aquí, aquí e aquí. Mesmo poderás saber que a festa do Samain e a dos magostos/S. Martiño foron orixinalmente a mesma, en idéntica data.

- Diferentes informacións sobre a festividade do Samain recollidas nesta web da biblioteca escolar do CEIP Víctor Sáenz, á que agradecemos a partilla.

- Samain no centro Mádia Leva

- Programa de actividades do Concello de Lugo que, por primeira vez, festexa esta efeméride:


























Feliz Ano Novo Celta!!!

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...