Mostrar mensagens com a etiqueta 2º ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 2º ESO. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 15 de junho de 2017

Colonias de vacacións (Inglés) 1º y 2º ESO


Período de inscrición
Do 09/06/2017 ao 29/06/2017
Información
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 1.000 axudas (500 axudas para 1º de ESO e 500 axudas para 2º de ESO) para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións, para o verán de 2017.
Este programa desenvólvese durante o período vacacional do verán e consiste na asistencia a colonias nas que se traballarán prioritariamente os aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa.
Estas axudas distribúense en dúas quendas e en dous grupos:
  • Primeira quenda para alumnado de 1º de ESO: do 30 de xullo ao 13 de agosto de 2017. Grupo I: 300 axudas de ata 476 euros. Grupo II: 200 axudas de ata 326 euros.
  • Segunda quenda para alumnado de 2º de ESO: do 13 ao 27 de agosto de 2017. Grupo I: 300 axudas de ata 476 euros. Grupo II: 200 axudas de ata 326 euros.
Prazo
Ata o 29 de xuño de 2017.
Participantes
Alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Más información: pincha aquí.



quinta-feira, 14 de janeiro de 2016

Concurso de debuxo


A Oficina de Coordinación en Transplantes (OCT) do Servicio Galego de Saúde convoca o V Concurso de debuxo e lemas escolares relacionado coa doazón e transplantes: "A vida, o mellor agasallo"

Este concurso ten como finalidade acercar a realidade da doazón e os transplantes á poboazón escolar na nosa Comunicadade Autónoma, de modo que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos.
Poderá participar neste concurso o alumnado de 1º e 2º da ESO de todos os centros educativos, tantos sostidos con fondos públicos coma privados, da Comunidade Autónoma galega.
Prazo de presentación: 29 de abril de 2016.
Bases do concurso: pincha aquí

quarta-feira, 6 de maio de 2015

O día da liberdade

                                                      Por Saúl Losada Pena

            
           
Cartaz realizado por alumnado do Departamento 
de português dirixido por Maria Jose Diaz Pinheiro.

O Parlamento galego aprobou ,(11 de marzo de 2014), por unanimidade a Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O Goberno galego queda obrigado con esta lei a incorporar progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa como lingua estranxeira nos centros de ensino de Galicia. Tamén será obxectivo estratéxico do Goberno galego a promoción das relacións cos países de lingua portuguesa. Así mesmo, a Xunta de Galicia favorecerá a reciprocidade de emisións televisivas e radiofónicas entre Galicia e Portugal. Esta lei é o resultado da iniciativa lexislativa popular que en maio de 2013 se presentou no Parlamento galego avalada por 17000 sinaturas.

E por poñer o noso gran de area imos lembrar unha das revolucións que marcaron Portugal, na procura da liberdade, durante a ditadura. A canción de Zeca Afonso: Grandola, vila morena será o sinal para o comezo da revolución. Por que revolução dos cravos? Porque o exército substiuíu as súas armas por caraveis como símbolo de paz, desobedecendo así as ordes do goberno para atacar a poboación.

                                         
A Revolução de 25 de Abril, denominada por alguns Revolução dos Cravos, refere-se a um período da história de Portugal resultante de um movimento social, ocorrido a 25 de abril de 1974, que depôs o regime ditatorial do Estado Novo, vigente desde 1933, e iniciou um processo que viria a terminar com a implantação de um regime democrático e com a entrada em vigor da nova Constituição a 25 de abril de 1976, com uma forte orientação socialista na sua origem.

Esta acção foi liderada por um movimento militar, o Movimento das Forças Armadas (MFA), que era composto na sua maior parte por capitães que tinham participado na Guerra Colonial e que tiveram o apoio de oficiais milicianos.
Com reduzido poderio militar e com uma adesão em massa da população ao movimento, a resistência do regime foi praticamente inexistente e infrutífera, registando-se apenas 4 civis mortos e 45 feridos em Lisboa pelas balas da DGS.
Grândola, Vila Morena é uma canção composta e cantada por Zeca Afonso que foi escolhida pelo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser a segunda senha de sinalização da Revolução dos Cravos.

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

Queres saber mais? Podes jogar no Portugal republicano  de Tesouros da historia:

terça-feira, 4 de fevereiro de 2014

IV Concurso Novos Talentos de Relato Curto


Coca-Cola, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VI Concurso Novos Talentos de Relato Curto, ao que poden concorrer escolares que cursen 2º da ESO, sempre que non superen a idade máxima de participación de 16 anos, a través dos colexios/institutos onde realicen os devanditos estudos.

Prazo de inscrición: está aberto ata o 25 de febreiro de 2014. A inscrición xestionarase desde os centros escolares, por medio do profesorado de contacto, ás oficinas locais de Coca-Cola e/ou persoa responsable do concurso na súa provincia.

A proba de selección terá lugar o 21 de marzo de 2014, simultaneamente, nas principais cidades galegas e a ela concorrerá o alumnado designado por cada centro escolar.


Normas do concurso: pincha aquí

sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

Concurso de Debuxo relacionado coa donación e os transplantes

Concurso de debuxo e lemas dirixido aos escolares para o curso 2011/2012 que ten como tema central a doazón de órganos e os transplantes. 

Poderá participar nel o alumnado de  1º e 2º de ESO de todos os centros educativos de Galicia.

Características dos debuxos : 
  1. O contido dos debuxos e lemas tratará sobre a doazón e os transplantes de órganos e tecidos, e sobre todos os aspectos relacionados con estes.
  2. Os debuxos realizaranse en formato horizontal ou vertical coas medidas Din A-3 (42 por 29,7 cm).
  3. Os debuxos deberán incluír obrigatoriamente unha frase ou lema en galego normativo relacionado co fomento da doazón.
  4. Cada rapaz e/ou rapaza poderá presentar un só debuxo. Tanto a técnica coma o estilo dos debuxos será libre.
  5. As obras se remitirán en sobre cerrado

Premios:
  • 1º premio: vale de 800 euros para o centro. Un ordenador portátil para o/a alumno/a e outro para o/a profesor/a.
  • 2º premio: vale de 500 euros para o centro. Unha cámara de fotos dixital para o alumno/a e outra para o/a profesor/a

O prazo de presentación das obras rematará o 15 de abril do 2012

Máis información: aquí

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...