Concurso de debuxo e lemas dirixido aos escolares para o curso 2011/2012 que ten como tema central a doazón de órganos e os transplantes.
Poderá participar nel o alumnado de 1º e 2º de ESO de todos os centros educativos de Galicia.
Características dos debuxos :
- O contido dos debuxos e lemas tratará sobre a doazón e os transplantes de órganos e tecidos, e sobre todos os aspectos relacionados con estes.
- Os debuxos realizaranse en formato horizontal ou vertical coas medidas Din A-3 (42 por 29,7 cm).
- Os debuxos deberán incluír obrigatoriamente unha frase ou lema en galego normativo relacionado co fomento da doazón.
- Cada rapaz e/ou rapaza poderá presentar un só debuxo. Tanto a técnica coma o estilo dos debuxos será libre.
- As obras se remitirán en sobre cerrado
Premios:
- 1º premio: vale de 800 euros para o centro. Un ordenador portátil para o/a alumno/a e outro para o/a profesor/a.
- 2º premio: vale de 500 euros para o centro. Unha cámara de fotos dixital para o alumno/a e outra para o/a profesor/a
Máis información: aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário