O 4 de abril de 2019 publicouse a orde pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio
Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.
As quendas e datas son:
A Coruña
25-31 agosto de 2019 Inglés 3º ESO: 100 alumnos/as
A Coruña
1-7 setembro de 2019 Inglés 4º ESO: 100 alumnos/as
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial
Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo
ao sábado seguinte.
La Fundación Amancio Ortega ha puesto en marcha este programa de becas, con el objeto de facilitar a jóvenes de institutos y colegios españoles un proceso de inmersión en una cultura extranjera, a la vez que perfeccionan el aprendizaje de la lengua inglesa, durante un año académico. Los alumnos seleccionados convivirán con una familia del país de acogida y cursarán Grado 11 (equivalente a Primero de Bachillerato). La beca cubre el 100% de los servicios necesarios para realizar un curso escolar en el extranjero: viaje, tasas de escolarización y matrícula en un instituto público, alojamiento y manutención en una familia de acogida, seguro médico y de accidentes, convalidación del año académico y apoyo continuado durante los diez meses de estancia; en ningún caso la beca supone la aportación económica del valor de estos servicios al beneficiario.
El Programa convoca 100 becas dirigidas a estudiantes de 4º de ESO de centros de Galicia, para estudiar Primero de Bachillerato en un High School en Canadá o Estados Unidos el próximo curso escolar 2019-2020.
Plazo de presentación de solicitudes: hasta el 30 de octubre de 2018 (13:00 horas)
Convocatoria de axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e matemáticas) do alumnado de 3º e 4º ESO.
A actividade «STEMweek»
en lingua inglesa pode proporcionar ao alumnado galego un escenario propicio
para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha
invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cadavezmáis,sobrediversoscamposdacienciaeassúasposibilidadesdeaplicaciónna tecnoloxía,ademaisdeofrecerunhaoportunidadeparaamelloradacompetenciacomunicativa en linguainglesa.
Quenda
Lugar
Datas
Idioma
Nº de alumnos/as
Curso
1ª
CDR A Coruña
26 agosto-1 setembro
de 2018
Inglés
100
3º ESO
2ª
CDR A Coruña
2-8 setembro de 2018
Inglés
100
4º ESO
O lugar onde se realizará esta
actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama,
s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.
O prazo para a presentación de solicitudes
será dun mes, contado a partir do díase-
guinteaodapublicacióndestaordenoDiarioOficialdeGalicia(endiante,DOG)= 12 de xullo
Máis información: pincha aquí (= DOG Martes 12 de xuño de 2018
Serán requisitos necesarios para a solicitude destas axudas:
a) Estar a cursar, na modalidade de Ciencias, no ano académico 2015-2016, ensinos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato, do sistema educativo español.
b) Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1998.
c) Non ser adxudicatario dunha axuda, participando nun proxecto, en edicións anteriores do Programa Campus Científico de Verán.
d) Obter unha nota media igual ou superior a 8 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2014-2015. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.
e) Estar situado nun lugar de orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das axudas convocadas.
Terceiro.- Solicitudes:
Os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección www.campuscientificos.es. Nesta mesma web, poderase acceder aos modelos para cumprimentar a documentación adicional que deberá acompañar ao formulario para completar as solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes, incluíndo tanto o formulario como a documentación adicional indicada na convocatoria, finalizará ás 15,00 horas (hora peninsular) do día 16 de marzo.
Cuarto.- Características do Programa:
Os Campus terán lugar do 3 ao 30 de xullo de 2016, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado ao mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 16 universidades que colaboran na organización do Programa.
Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e ambientais e as súas disciplinas asociadas, e poderán consultarse na páxina web www.campuscientificos.es
Quinto.- Contía da axuda:
Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar, nun dos quendas/campus, no desenvolvemento e posta en práctica dun dos proxectos ofertados.
A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos inherentes á participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas. Serán por conta dos beneficiarios das axudas os gastos non derivados do desenvolvemento do Programa.
Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 80 euros, en concepto de matriculación.
O certame 'EUSTORY', concurso de historia a nivel europeo para estudantes de secundaria e bacharelato, propón na súa novena edición un achegamento ao patrimonio histórico a través dunha investigación na que o alumnado deberá reflexionar sobre a súa contorna. A data límite de entrega dos traballos é o 17 de agosto de 2016. A participación está aberta aos estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, que poden presentarse ao certame de forma individual ou en grupo.
Para o alumnado haberá un primeiro premio de 2500€, catro segundos de 1000€, cinco terceiros de 500€ e10 accésit de 200€; ademais dunha viaxe a Europa. Para os tirores os galardóns serán de 1250€ o primeiro premio, 500€ o segundo, 250€ o terceiro e 100€ o accésit.
Como conta Belén Gato no seu blog Dale a la lengua, foi unha semana incrible. Para conmemorar o día internacional do teatro ( 27 de marzo), alumnos de 1º ESO B e 4º ESO A encheron a Biblioteca de ledicia, paixón e moita profesionalidade.
Unha selección de textos, moi variada, por parte de 1º ESO e unha dramatización sobre Galileo por parte de 4º ESO.
Previamente, o alumnado asistiu a un taller teatral impartido por María Grandío.
A seguir as imaxes e vídeos correspondentes ao taller e ás brillantes actuacións.
Belén Gato despedíndose de María Grandío
María Grandío: profesora anoxada ou alumna choni?
E, Galileo Galilei, por fin, veunos visitar á Biblioteca. Baseado na obra de Carlos Freire:Noite máxica, na que son recreados os logros dos maiores científicos da historia: Newton, Marie Curie...
E as estrelas son:
Miguel Álvarez Pérez ( Secretario)
Daniel Boullosa Obelar (Técnico de son e audio)
Mercedes Gómez López (Soldado)
Lidia González Rodríguez ( Estudante)
Francisco Ibañez López ( Estudante)
Antón LLenderrozas Ron (Pai)
Marta Rodríguez Matanzas ( Soldado)
Antía Romero Villamor ( Voceira tribunal)
Uxía Rouco Álvarez ( Voceira tribunal)
Juan David Serrano López ( Presidente do tribunal)
Andrea Teijeiro González ( Galileo)
Irina Vidal Quiñoá (lacaio)
E coa colaboración especial de Susana Fernández Carreira ( nai)
O Ministerio de Educación publicou no BOE (mércores 25 de febreiro) a convocatoria de axudas para participar no programa "Campus Científicos de Verano", co fin de que o alumnado poida desenvolver habilidades relacionadas co ámbito científico-tecnolóxico e orientar o seu futuro profesional.
Axudas convocadas: 1920, en réxime de concorrencia competitiva, repartidas equitativamente entre as dúas etapas ás que van destinadas.
Destinatarios: alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato (especialidade de Ciencias e Tecnoloxía)
Duración das actividades: 7 días.
Realización das actividades: catro turnos do 28 de xuño ao 25 de xullo de 2015
Bases da convocatoria, criterios de selección e o proceso de matrícula: picha aquí
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 21 de marzo
A VI Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.
Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
Prazo de participación: ata o 20 de decembro de 2014.
A Real Sociedade de Física, a Real Sociedade Española de Química e a Asociación Nacional de Químicos de España (ANQUE), convocan para todos os docentes dos Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química dos Centros de Educación Secundaria a participar, como Mentores de alumnado, na Olimpíada Científica da Unión Europea 2015 (EUSO 2015). Consiste nunha competición europea entre equipos de alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato sobre traballos experimentais de Química, Física e Bioloxía. Poden participar todo o alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato nados no ano 1998 ou posteriores, matriculados en centros públicos ou privados, con interese nas experiencias científicas de laboratorio (Física, Química e Bioloxía), formando un equipo integrado por tres deles e dirixidos-preparados por un docente da área de Ciencias. Para rexistrarse nesta edición 2015 é necesario que o docente preparador (Mentor) realice a inscrición na páxina web www.euso.es, antes do 15 de novembro de 2014. Máis información no enlace web de abai web:http://www.euso.es/
O locutor de radio Paco Nieto visitou o noso instituto. E, na biblioteca, ensinounos
ao alumnado de 4º ESO, diferentes arquivos de voz de personaxes tan coñecidos
como: Castelao, Fraga, Franco falando en inglés, Don Xoán Carlos…
Explicounos a importancia de conservar
arquivos de voz, xa que hai moitas fotografías mais tamén teriamos que dar
importancia a conservar a voz de seres queridos.
Tamén nos ensinou arquivos de voz, como un do
23-F e sentimos a voz de medo do locutor e algún que outro erro á hora de falar de personaxes
políticos e, mesmo, algún locutor.
O Departamento de Orientación coordinou esta
actividade proposta polo Concello de Lugo.
Unha actividade moi interesante e da que
agardamos poidan gozar todos os compañeiros de 4º ESO.
Yaiza López Otero,autora deste artigo, forma parte do Club de Lectura do IES Ollos Grandes. Nas fotos con Paco Nieto e cos seus compañeiros do Club,que dirixe a profesora Esther Rodríguez García.
Convócanse axudas para participar no ano 2013 no Programa "Campus Científicos de Verán" para alumnado que se encontre cursando no ano académico 2012/2013, 4º de ESO ou 1º de Bacharelato das áreas científicas e/ou tecnolóxica en centros docentes españois, e ademais que cumpra as seguintes características:
Nados con posterioridade ao 31 de decembro de 1995
Non sexan adxudicatarios de axuda na edición anterior deste Programa
Que teñan unha nota media no curso escolar 2011/2012 igual ou superior a 7,50 puntos
Superar, cunha nota mínima de 5 sobre 10, unha proba de coñecementos de resposta alternativa que se realizará a través de internet
Os campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2013, en catro quenda de 7 días de duración cada un, segundo as seguintes datas:
Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
Primeira quenda de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
Segunda quenda de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) uo Rexional (CER), nas seguintes universidades: Autónoma de Madrid, Carlos III, Extremadura, Granada, Jaén, As Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de CAtaluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia e Vigo.
Solicitudes, guía: aquí (Presentación das solicitudes: ata o 25 de marzo) Campus Científicos de Verano, página web: aquí Convocatoria : aquí
Rebuscar entre retratos familiares, álbums de fotos e cartas antigas, rememorar acontecementos familiares convertidos hoxe en lenda, escalar na árbore genealógico, entrevistar a veciños, visitar museos e arquivos locais, consultar os diarios doutras épocas nas hemerotecas. O Concurso Eustory volve cunha nova edición que achegará aos participantes aos membros das súas familias, ás súas propia historias na Historia. As anteriores convocatorias, "La vida de mis mis abuelos en loss años 50" e "Héroes e heroínas locales", dan paso ao tema "Mi familia en la Historia" no curso 2011/2012
.
O obxectivo? Rescatar a figura dalgún familiar ou familiares nun contexto histórico determinado e a partir de aí recompor a historia con metodoloxías e formulacións científicas. Todos forman parte da historia con maiúsculas. Eustory invita aos estudantes de 4º ESO, Bacharelato, FP e ESPA menores de 21 anos a descubrir aspectos inéditos da historia da súa contorna máis próxima.
Os traballos, que poderán realizarse nunha variedade de formatos, deberán remitirse á Real Maestranza de Ronda antes do 15 de agosto de 2012, día no que termina o prazo de presentación. Os premios? Ata 2.000 euros en metálico e a posibilidade de optar a participar nunha Academia Eustory, un seminario que reúne en cidades do continente aos mozos participantes de toda Europa para reflexionar sobre temas históricos concretos.
"Aprender investigando" é o lema deste concurso de historia creado en Alemaña pola Fundación Körber (Alemaña) fai medio século e compartido hoxe por varios países Europeos a través de entidades privadas como a Fundación Rei Balduíno de Bélxica, a Compagnia dei San Paolo de Italia, a fundación Karta de Polonia, a Sociedade Memorial de Rusia ou a Fundación Príncipe de Gales do Reino Unido. Na súa orixe, foi un intento de concienciar as novas xeracións sobre o desastre da segunda guerra mundial para asegurar que non volvesen darse as mesmas circunstancias que o provocaron. O certame celébrase en toda España organizado pola Real Maestranza de Cabalería de Ronda.
Os mozos convértense en historiadores do que os rodea e, para iso, informan sobre elementos clave da historia da súa contorna que non aparecen nos libros de texto. Deste xeito, os estudantes examinan e consideran a historia desde diferentes perspectivas e buscan as súas propias conclusións, libéranse a si propios dos prexuízos frecuentemente estabelecidos e desenvolven a habilidade de pensar con xuízo crítico. Neste sentido, sentan as bases dunha participación activa na sociedade civil.