segunda-feira, 29 de fevereiro de 2016

Campus Científicos de Verán



Podes consultar no BOE as bases.


Serán requisitos necesarios para a solicitude destas axudas:

a) Estar a cursar, na modalidade de Ciencias, no ano académico 2015-2016, ensinos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato, do sistema educativo español.

b) Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1998.

c) Non ser adxudicatario dunha axuda, participando nun proxecto, en edicións anteriores do Programa Campus Científico de Verán.

d) Obter unha nota media igual ou superior a 8 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2014-2015. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.

e) Estar situado nun lugar de orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das axudas convocadas.

Terceiro.- Solicitudes:

Os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección www.campuscientificos.es. Nesta mesma web, poderase acceder aos modelos para cumprimentar a documentación adicional que deberá acompañar ao formulario para completar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes, incluíndo tanto o formulario como a documentación adicional indicada na convocatoria, finalizará ás 15,00 horas (hora peninsular) do día 16 de marzo.

Cuarto.- Características do Programa:

Os Campus terán lugar do 3 ao 30 de xullo de 2016, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado ao mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 16 universidades que colaboran na organización do Programa.

Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e ambientais e as súas disciplinas asociadas, e poderán consultarse na páxina web www.campuscientificos.es

Quinto.- Contía da axuda:

Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar, nun dos quendas/campus, no desenvolvemento e posta en práctica dun dos proxectos ofertados.

A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos inherentes á participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas. Serán por conta dos beneficiarios das axudas os gastos non derivados do desenvolvemento do Programa.


Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 80 euros, en concepto de matriculación.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...