quarta-feira, 24 de fevereiro de 2016

Dia de Rosalia

Pasaron 179 anos do nacemento de Rosalia, mais boa parte da súa obra parece estar máis viva cada día.
Son numerosas as actividades que se desenvolven hoxe como homenaxe á poeta. Moitas delas poden coñecerse e difundirse por medio do hashtag . Nós escollemos dúas:

1. Rosalia é mundial, afirmación con que a AGAL  lle rende tributo: 18 vídeo-poemas  na voz de persoas galegas e de outros países da lusofonía. Aqui, pódense ver e escoitar; tamén se agradece a votación ao que se considere mellor poema/interpretación.

2. A deputación da Coruña puxo en circulación catro imaxes rosalianas, creadas para a a celebración  de hoxe polas ilustradoras Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor:






Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...