Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 13 de março de 2017

Imaxes de homenaxes.

Estabamos pendentes de colgar algunhas imaxes do recital poético realizado polo alumnado de 2º Bach C na homenaxe que se fixo a Rosalía de Castro na semana do 28 de febreiro. O poemiña protagonista do recital foi "Adiós ríos, adiós fontes".


E como remate á Semana da Muller, o venres no recreo as alumnas de 4º da ESO de Música fixeron unha pequena intervención musical no corredor diante da Biblio, interpretando unha pequena peza folk norteamericana chamada "Rose, Rose". 
 
 

quinta-feira, 2 de março de 2017

Rosalía "voa" en Norwegian.

Esta imaxe vai surcar os ceos a partir de agora gracias a esta aeroliña noruega que escolle a persoeiros de alta importancia para a cultura dun pobo e da humanidade en xeral e deste xeito dalos e dalas a coñecer e ao mesmo tempo recoñecer o seu enorme valor para a historia da humanidade. 
Bonita idea e da que nos debemos sentir ben orgullos@s.
Se queredes ler máis, aquí podedes facelo. 

 

sexta-feira, 24 de fevereiro de 2017

Homenaxe a Rosalía

Homenaxe da xente de Santiago de Compostela a todos aqueles que teñen que vivir fora da súa terra; exercicio de integración entre a xente gallega e os seus irmáns árabes.



Os nenos e nenas de St. Mary's School at Mullaghbawn (Northern Ireland) recitan a Rosalía de Castro

quarta-feira, 24 de fevereiro de 2016

Dia de Rosalia

Pasaron 179 anos do nacemento de Rosalia, mais boa parte da súa obra parece estar máis viva cada día.
Son numerosas as actividades que se desenvolven hoxe como homenaxe á poeta. Moitas delas poden coñecerse e difundirse por medio do hashtag . Nós escollemos dúas:

1. Rosalia é mundial, afirmación con que a AGAL  lle rende tributo: 18 vídeo-poemas  na voz de persoas galegas e de outros países da lusofonía. Aqui, pódense ver e escoitar; tamén se agradece a votación ao que se considere mellor poema/interpretación.

2. A deputación da Coruña puxo en circulación catro imaxes rosalianas, creadas para a a celebración  de hoxe polas ilustradoras Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor:






segunda-feira, 23 de fevereiro de 2015

Rosalía de Castro

.Un 24 de febreiro nacía Rosalía de Castro.Unha das nosas escritoras máis universais está a ser homenaxeada en toda Galiza. No blog  O Crocaio de Sampaio podes atopar interesantes aportacións para gozar con ela. En Bibliopazo non se quedan atrás. Ademais imos copiar a súa marabillosa idea de agasallar a todos e todas os que mañá, día 24 de febreiro, leven un libro ou material en lingua galega.




25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...