segunda-feira, 29 de fevereiro de 2016

Ciencia que conta


“8º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta
Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos. 
Incluimos un díptico coas bases do concurso, o prazo para o envío dos traballos remata o 1 de abril de 2016 e o interese dos premios (1º premio: smart watch).

Na nosa páxina web hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria:
Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro.

 Grupo DIVULGATIA do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. 




Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...