quinta-feira, 22 de abril de 2010

O poeta escolle abril

O poeta escolle abril

De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza
non rexeita a garrida mocedade e o sangue?
En abril e maio non hai cinza, dicen.
Fiquemos, amigo, sob das azas de abril.

Que fuxan o río, a rosa colorada,
beba deica o final a chama a estela, o titaque o
   reló,
procuren un lonxe ou un ningures os camiños
onde morrer.
Á par que fuxe, leve o río o cadavre de Ofelia e as
margaridas da ribeira.

Pro nós, amor, temos os cans fideis das verbas.
Decimos cinza i é pó agora mesmo o que foi chama.
Ofelia, dis, e unha sonrisa alerta a túa memoria
e os ollos teus, rula, nena e suave terciopelo.

Temos a verba, amor, para decir: abril.
Sob as súas azas frolecerán os días.
Abril: o áer pousa unha cidade nas ponlas
das bidueiras de abril. O noso fogar é.

Viviremos, amor, decindo a verba,
queimándoa, feríndoa, labrándoa
tan doce e temerosamente que ela coide, palabra
   abril,
que por nós vive, vivímola e soio é dita: abril

Alvaro Cunqueiro,  Herba aquí ou acolá

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...