Convócanse axudas para participar no ano 2013 no Programa "Campus Científicos de Verán" para alumnado que se encontre cursando no ano académico 2012/2013, 4º de ESO ou 1º de Bacharelato das áreas científicas e/ou tecnolóxica en centros docentes españois, e ademais que cumpra as seguintes características:
- Nados con posterioridade ao 31 de decembro de 1995
- Non sexan adxudicatarios de axuda na edición anterior deste Programa
- Que teñan unha nota media no curso escolar 2011/2012 igual ou superior a 7,50 puntos
- Superar, cunha nota mínima de 5 sobre 10, unha proba de coñecementos de resposta alternativa que se realizará a través de internet
Os campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2013, en catro quenda de 7 días de duración cada un, segundo as seguintes datas:
- Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
- Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
- Primeira quenda de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
- Segunda quenda de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) uo Rexional (CER), nas seguintes universidades: Autónoma de Madrid, Carlos III, Extremadura, Granada, Jaén, As Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de CAtaluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia e Vigo.
Solicitudes, guía: aquí (Presentación das solicitudes: ata o 25 de marzo)
Campus Científicos de Verano, página web: aquí
Convocatoria : aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário