quarta-feira, 21 de outubro de 2009

Samain, Santos, Halloween, Ano Novo Celta. Participa!



Estamos chegando mesmo á data dunha festa que celebramos desde tempos antigos: o Samain.
Esta palabra, de orixe irlandesa e que debemos ler [sáun], denomina unha celebración ancestral que aínda se mantén en moitos lugares da Galiza; é coñecida popularmente por Santos e, globalizadoramente, por Hallowenn.
A festividade celébrase na noite de 31 de outubro para 1 de novembro e representaba para os pobos celtas o inicio dun novo ano.


En anos pasados, o Departamento de Inglés organizaba un interesante concurso-exposición-degustación que agora ampliamos, co seu permiso, coas seguintes bases:

1. As participacións que inclúan texto poderán realizarse en calquera das linguas vivas que se estudan neste instituto: galego, castellano; alemán, francés, inglés ou portugués.

2. Categorías.Tipos de participación :

* Cabazas adornadas


* Posters alusivos á festividade


* Pasteis e doces relacionados coa festa


* Móbiles colgantes con motivos propios de Hallowenn/Samain


3. Datas e lugar de entrega de materiais participantes: 26-28 de outubro na biblioteca

4. Exhibición: De 29 de outubro a 3 de novembro

5. Premios: sorpresa!

6. Entrega de premios: Martes, 3 de outubro ás 11.15 na biblioteca

A participación está aberta a toda a Comunidade Educativa, aínda que os premios só serán atribuídos ao alumnado.

Non deixes de participar!

(Os cartaces anunciadores son da autoría do profesor Mateo Mendaña)

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...