terça-feira, 20 de outubro de 2009

Belén (profe de música) en Nicaragua

Como saberedes case todos, a nosa compañeira Belén está a participar durante este trimestre nun proxecto cultural solidario en Nicaragua denominado RITMO EN LOS BARRIOS.



Tamén podedes seguir a crónica das actividades de Belén alí a través do seu blogue “A miña primeira gran viaxe, Nicaragua”Se o facedes veredes que unha das súas principais actividades nestes primeiros días é a de buscar patrocinadores dispostos a aportar cartos para poder financiar un gran concerto, que pretenden celebrar o día 8 de novembro, e que vén a ser o eixo do seu traballo deste ano e unha plataforma importante par dar a coñecer o seu traballo. Si pinchas aquí verás unha boa explicación do proxecto Ritmo en los Barrios.

Se algún de vós desexa colaborar economicamente con este proxecto pode facelo poñéndose en contacto con Rosa ( Departamento de Inglés) ou con Miguel (Departamento de Música)antes do 28 de outubro.

Moitas grazas (no seu nome).

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...