Baixo este título, o foro “ÁGORA ABERTA: ideas, iniciativas e propostas...a tempo” organiza un debate que terá lugar mañá, xoves, 15 de Outubro, ás 20 horas no Salón de Actos do noso instituto.
O foro “ÁGORA ABERTA: ideas, iniciativas e propostas...a tempo” é un colectivo, aínda en trámite de constitución, de cidadáns e cidadás de LUGO que, despois de reflexionarmos sobre os novos proxectos de futuro que se nos anunciaron a resultas das pasadas eleccións autonómicas, valoramos colectivamente imprescindible contarmos todas e todos cunha opinión, o máis informada posible, sobre cada un deses novos proxectos. Somos, pois, un colectivo de cidadáns e cidadás ilusionados en indagar, descubrir e coñecer cada un dos proxectos e propostas que están a conformar a nosa vida ou a nosa persoal forma de ser e de estar na sociedade.
E queremos, ademais, trasladar esta preocupación a toda a sociedade, a calquer cidadán ou cidadá, sen máis discriminación que a de saber compartir o debate con absoluto respecto polo outro/a.
E queremos, ademais, trasladar esta preocupación a toda a sociedade, a calquer cidadán ou cidadá, sen máis discriminación que a de saber compartir o debate con absoluto respecto polo outro/a.
O idioma é sempre e en calquer lugar unha construción colectiva. O seu futuro, pois, incúmbenos a todos e a todas. Con este debate queremos, precisamente, mostrar ante o conxunto da cidadanía e, dende distintas perspectivas, as consecuencias que para o futuro do idioma galego van a ter as propostas que sobre o idioma está a poñer en marcha o goberno saído das últimas eleccións autonómicas.
Participación confirmada:
Laura Sánchez Tizón: catedrática da USC e exconselleira de Educación (PSOE)
Paco Rodríguez: catedrático de Literatura e socio-lingüista (BNG)
Agustín Baamonde: parlamentario por Lugo (PP)
Pendentes de confirmación:
Representante do Consello da Cultura de Galicia

1 comentário:
Debo dicir que non foi un acto solemne canto ao trato da lingua. Houbo ataques fundamentados noutros temas políticos que no contexto, estaban de máis.
As opinións foron moi diversas e non se alcanzou un consenso de tipo algún.
Ademais, o público en xeral, non recollía a diversidade social existente no noso país, polo que se pode ver un desinterese global por parte da poboación.
O certo é que o galego é parte da identidade do noso pobo, pero dun pobo que non acepta nin amosa interese pola súa propia identidade.
Xabier Valle
Enviar um comentário