quinta-feira, 13 de novembro de 2014

Olimpiada científica da Unión Europea



A Real Sociedade de Física, a Real Sociedade Española de Química e a Asociación Nacional de Químicos de España (ANQUE), convocan para todos os docentes dos Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química dos Centros de Educación Secundaria a participar, como Mentores de alumnado, na Olimpíada Científica da Unión Europea 2015 (EUSO 2015).
Consiste nunha competición europea  entre equipos de alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato sobre traballos experimentais de Química, Física e Bioloxía.
Poden participar todo o alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato nados no ano 1998 ou posteriores, matriculados en centros públicos ou privados, con interese nas experiencias científicas de laboratorio (Física, Química e Bioloxía), formando un equipo integrado por tres deles e dirixidos-preparados por un docente da área de Ciencias.
Para rexistrarse nesta edición 2015 é necesario que o docente preparador (Mentor) realice a inscrición na páxina web www.euso.esantes do 15 de novembro de 2014.
Máis información no enlace web de abai

web:http://www.euso.es/

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...