Mostrar mensagens com a etiqueta 3º ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 3º ESO. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 30 de abril de 2019

STEM Week

O 4 de abril de 2019 publicouse a orde pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio
Prazo de presentación de solicitudes:  Desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.
As quendas e datas son:
  •  A Coruña 25-31 agosto de 2019 Inglés  3º ESO: 100 alumnos/as
  • A Coruña 1-7 setembro de 2019 Inglés  4º ESO: 100 alumnos/as
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

sexta-feira, 29 de junho de 2018

Actividades formativas STEM en inglés


Convocatoria de axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e matemáticas) do alumnado de 3º e 4º ESO.

A actividade «STEMweek» en lingua inglesa pode proporcionar ao alumnado galego un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía, ademais de ofrecer unha oportunidade para a mellora da competencia comunicativa en lingua inglesa.

Quenda
Lugar
Datas
Idioma
Nº de alumnos/as
Curso
CDR A Coruña
26 agosto-1 setembro de 2018
Inglés
100
3º ESO
CDR A Coruña
2-8 setembro de 2018
Inglés
100
4º ESO

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día se- guinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG)= 12 de xullo

Máis información: pincha aquí (= DOG Martes 12 de xuño de 2018



25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...