Mostrar mensagens com a etiqueta Amor. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Amor. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 20 de fevereiro de 2017

14 de Febreiro. San Valentín.

Rematou a celebración do amor.
Para a exposición dos textos gañadores no noso concurso de redacción "Que é para ti o amor?" decoramos uns paneis á porta da Biblio coa axuda das nosas voluntarias.


Nese panel decidimos respostar a esa pregunta co que no Principiño nos contan sobre a idea do amor e a carón del expuxemos os textos gañadores en cada categoría.


O martes 14, antes do fallo do xurado, proxectamos na Biblio unha curtametraxe do director chileno Julio Pot Espiñeira, "The Gift", que ten no seu haber multitude de premios de festivais de cine de todo o mundo. Unha curta de animación que explica cómo o amor non pode supoñer renunciar á liberdade de ser un mesmo.


E finalmente repartimos os premios tanto as gañadoras e gañador do concurso como @s participantes, pois preparámoslles un detalliño igualmente para agradecer a súa participación. Aproveitamos para pedirlle desculpas a Jesús, pois non sabemos qué pasou coa súa foto e o momento da recollida do seu premio queda completamente deslucido por dificultades técnicas, pero os seus textos podédelos ler no taboleiro temático do corredor.


terça-feira, 7 de fevereiro de 2017

Voluntari@s na Biblio por San Valentín.

Estes días andamos argallando na decoración da biblio por San Valentín, colocando corazóns sobre as nosas cabezas. Nesta tarefa o voluntariado colaborou recortando, como por exemplo hoxe fixo Antía.

Tamén estivemos facendo unha campaña de difusión desa pregunta tan complexa que é o acicate do noso concurso de redacción "Que é para ti o AMOR?". Para isto fixemos pequenos carteis con esa frase e @s voluntari@s adicáronse a espallalos por todo o centro, en portas de aulas, ventás, corredores... provocando reaccións de curiosidade.
 

quarta-feira, 1 de fevereiro de 2017

Preparando a celebración do amor, San Valentín.

O noso corredor luce invernal, con folerpas que adornan o taboleiro e caen do ceo para anunciar que, como reza a frase extraída da serie Xogo de Tronos que nos preside esta tempada, o inverno xa chegou fai tempo. 
E ese frío hai que combatilo e unha maneira é con moito amor e agarimo, por iso xa estamos quentando motores con San Valentín.
San Valentín (14 de febreiro) en realidade é unha data sinalada con claro significado comercial, para que o noso espíritu consumista se manteña ocupado despois do Nadal. Na Biblio quixemos aproveitar para mellor celebrar o AMOR e que ademais isto durase máis que un só día (como debe de ser).

Durante todo o mes de febreiro nos recreos sonará como música de fondo temas pertencentes a bandas sonoras románticas, música de cine.

Creamos un pequeno rincón temático con libros e algunha película como suxestión para estas datas (e aínda nos queda algún que outro detalle que colocar).


E está en marcha un concurso de redacción sobre o amor, a idea é crear un texto de máximo 75 palabras que resposte á pregunta "Que é para ti o AMOR?". Temos tres premios para tres categorías (1º-2º de E.S.O., 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato). E máis detalles sobre as bases no mesmo taboleiro de anuncios do corredor.
Quen desexe participar debe introducir o texto nuns buzóns situados na zona da Biblioteca do corredor. 


Pero a que luce ben bonito o noso recuncho do corredor?
 

sexta-feira, 20 de janeiro de 2017

Proxecto nAmorArte


Un proxecto do Concello de Pontevedra:

Un mural sobre o amor desde a igualdade. Un programa para rachar cos mitos do amor romántico e identificar as relacions baseadas na desigualdade e o maltrato.

 


quarta-feira, 18 de dezembro de 2013

Calendario da lectura

Este ano o Equipo da biblioteca vén de elaborar este fermoso calendario, con consellos lectores, libros e filmes que podedes atopar na nosa biblioteca.
O tema elixido foron os Dereitos Humanos. Queremos unirnos á posta en valor dos mesmos, plasmados no creativo belén que os nosos compañeiros ( Victoria Ares, Marisa Rodríguez, Claudio Castro e Aurelia Vázquez ) elaboraron  este ano, unha vez máis, voluntariamente e só pensando en que toda a comunidade o disfrute.

domingo, 14 de fevereiro de 2010

Hoxe recomendamos estas cartas
































Neste día dedicado (comercialmente) ao amor, suxerimos que leades algunhas Cartas de Amor -até agora inéditas- do grande poeta Pablo Neruda e que acaban de ser publicadas por Seix-Barral.
El Cultural selecciona algunhas destas cartas dedicadas a Matilde Urrutia, grande amor de Neruda, que deixamos a continuación; aquí  pódese  ver e ler unha selección manuscrita e ilustrada:



E agora, non deixedes de coñecer algunhas das actividades que realizaron noutras bibliotecas escolares: podedes comezar por esta selección que nos dá feita o sempre imprescindíbel blogue Trafegando Ronseis ou usar o buscador da columna lateral. Moitas grazas por ese traballo sempre partillado.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...