Rematou a celebración do amor.
Para a exposición dos textos gañadores no noso concurso de redacción "Que é para ti o amor?" decoramos uns paneis á porta da Biblio coa axuda das nosas voluntarias.
Nese panel decidimos respostar a esa pregunta co que no Principiño nos contan sobre a idea do amor e a carón del expuxemos os textos gañadores en cada categoría.
O martes 14, antes do fallo do xurado, proxectamos na Biblio unha curtametraxe do director chileno Julio Pot Espiñeira, "The Gift", que ten no seu haber multitude de premios de festivais de cine de todo o mundo. Unha curta de animación que explica cómo o amor non pode supoñer renunciar á liberdade de ser un mesmo.
E finalmente repartimos os premios tanto as gañadoras e gañador do concurso como @s participantes, pois preparámoslles un detalliño igualmente para agradecer a súa participación. Aproveitamos para pedirlle desculpas a Jesús, pois non sabemos qué pasou coa súa foto e o momento da recollida do seu premio queda completamente deslucido por dificultades técnicas, pero os seus textos podédelos ler no taboleiro temático do corredor.
Sem comentários:
Enviar um comentário