Estes foron algúns dos comentarios que nos deixaron os participantes do Club de lectura:
Hai pouco tempo volveuse realizar un encontro entre o noso club de lectura e o de “Afundación”, o cal está formado por persoas da terceira idade. O libro do que se falou esta vez foi a biografía de Malala(“Malala, mi historia”) que, na miña opinión, paga a pena ler.
Comentáronse diferentes puntos de dito libro durante o encontro; sorprendeume a gran cantidade de opinións que ambos clubs compartían. Debido a que o libro trataba temas relixiosos, morais e, incluso, políticos esperábame que houbera algúns puntos de vista cos que non todos estivesen de acordo. Resultoume moi satisfactorio ver como persoas, con máis experiencias na vida ca nós, tiñan unhas opinións tan semellantes ás nosas.
Outro punto a mencionar é como todos os comentarios formulados durante a reunión me axudaron a comprender pequenos conceptos, os cales non logrei rematar de entender ben cando lera o libro. Puiden atopar respostas a esas preguntas que me rumiaban pola cabeza dende hai un par de semanas
( ás veces, fai falta que alguén dea o seu punto de vista para atopar o propio).
Espero con ansia a próxima xuntanza.
Jesús Castro López 3- ESO A
Ter a oportunidade de comentar o libro Malala con persoas da 3ª idade foi algo marabilloso. A través das nosas opinións ímonos coñecendo todos e iso gústame moito. É incrible o que un libro che pode transmitir. De feito, todos nos demos conta do afortunados que somos, e, o máis sorprendente, é que todos coincidamos nas mesmas valoracións.
Só me queda dar as grazas ao club de lectura por esta
experiencia. Gustaríame repetir esta actividade moitísimas máis
veces.
Sandra López Castro (2º C ESO)
Sem comentários:
Enviar um comentário