Mostrar mensagens com a etiqueta Día do Libro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Día do Libro. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 12 de maio de 2017

Semana do Libro.

Con bastante retraso publicamos as nosas actividades pola Semana do Libro.
 
Realizamos exposicións de viñetas relacionadas co libro, viñetas divertidas e reflexivas. Ademais montamos dous stands temáticos: un sobre "Libros que falan de libros" e outro de "Pelis baseadas en libros".

 Organizamos un mercadiño de troco, o noso I Mercadiño de Troco de Libros.
 Tivemos un obradoiro sobre "Ler e contar", impartido polo actor e dramaturgo Anxo Manoel Lamelo Fernández, con moito éxito entre o alumnado de 2º da ESO, que foi quen puido disfrutar do mesmo.
 E por último, levámonos ao axudantes de biblioteca de visita á Libraría Tótem, libraría especializada en cómics e material relacionado, onde disfrutaron coma ananos e aproveitaron para facer "desideratas" para o vindeiro curso.
Como vedes, toda unha semana grande de celebración!
 

segunda-feira, 11 de abril de 2016

CONCURSO HORA DE LER

        
BASES:       

              1º, 2º ESO

                Mellor Biblioteca de Aula:
Terase en conta:
* A orde e conservación dos libros no armario.
* Se se incrementou a biblioteca con libros do alumnado.
* A existencia dunha comisión responsable ( esa comisión poderá rotar).

              1º, 2º, 3º e  4º ESO

                Número de libros lidos:
Valorarase:
*Que todos os membros do grupo lesen algún libro (preferentemente de escolla libre).
 *Que aparezan rexistrados nos cadernos que figuran en cada aula.

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

                Fotos:
Foto de grupo: Cada clase  poderá presentar dúas fotos ou selfies do grupo lendo.
Foto individual: Ata dúas fotos ou selfies lendo.

As fotos presentaranse en formato dixital (jpg, máximo 5 MGs), indicando autoría, curso e grupo, vía correo electrónico a:biblioteca@iesollosgrandes.org, con data límite luns 25 de abril.
As fotografías publicaranse no blog da Bibliotecahttp://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/ 
e expoñeránse nos seus taboleiros.
En caso de facer constar dereitos de autoría, a única licenza admitida será Creative Commons.

XURADO:
Un representante do profesorado, outro do alumnado, e outro do persoal non docente , xunto cun cargo directivo.
O xurado poderá revisar os armarios e cadernos das aulas ata a semana do 18 ao 25 de abril.

PREMIOS:
Entregaranse na Biblioteca o mércores 27 de abril para conmemorar o Día do libro ( 23 abril).

PODES LER:
*Un libro da túa biblioteca de aula.
*Un libro ou e-book pedido na Biblioteca.
*Un libro teu...


Fotos ou selfies hora de ler on PhotoPeach

terça-feira, 21 de abril de 2015

Chega o Día do Libro!

Xa estamos preparados na Biblioteca para o gran día!.

Entrega de premios:

 O xoves, durante  o recreo, entregaranse os premios do Concurso Hora de Ler.

E ademais, o Departamento de Matemáticas complementará as exposicións Prensa e Matemáticas e Literatura e Matemáticas,  con xogos relacionados coas mates. Recomendamos ver tamén a exposición sobre Mulleres Matemáticas realizada na semana da muller traballadora.







quinta-feira, 19 de abril de 2012

23 de abril Día do Libro

Durante a semana do 23 ao 27 de Abril, a biblioteca convídavos a homenaxear o libro coas seguintes actividades:
  •  Exposición de libros no corredor da Biblioteca. 
  •  Libro en branco a carón da exposición para que nos escribades o título do libro e autor co que máis gozastes. 
  •  Entrega dos libros doados polos distintos Departamentos á Biblioteca Antón Moreda de Calde
E, de agasallo, deixámosvos este fermoso vídeo:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...