Unha imaxe, din, vale máis que mil palabras. Así, pois, deixámosvos estas imaxes do traballo realizado na biblioteca e co que gozamos tanto, principalmente pola vosa presenza e colaboración. Formación de usuarios, Samaín, hora de ler, guía dereitos humanos ( grazas Suso por nos facer un calendario), cine coa especial participación da ex-alumna Bea Meilán que protagoniza O Crime da Legua Dereita, club lector que dirixe Esther Rodríguez, exposicións fermosas como a de Samaín ou a dirixida por Fátima sobre a viaxe á Rochelle, catalogadores catalogando, claro!, charlas interesantísimas como a de Paco Nieto e o valor da voz, e-books que podes pedir para levar a casa...e o Belén do centro galardoado cun primeirísimo premio onde colgamos as estrelas dos dereitos humanos.
Ah, xa estamos tramando outras e novas actividades para o 2º trimestre que comezarán coa celebración do Día da Paz. Non as podes perder!
Biblioteca Ollos Grandes (Lugo) 2013-14 on PhotoPeach
Sem comentários:
Enviar um comentário