Mostrar mensagens com a etiqueta Microrrelatos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Microrrelatos. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 19 de fevereiro de 2019

Certame de microrrelatos


A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos - o tema é libre. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.
Repartiranse nove premios, tres para cada unha das novas categorías distribuídas por idades. Na categoría de infantil poderá participar alumnado de ata 11 anos; na xuvenil, comprenderá entre 12 e 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade. Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor legal.
Bases do concurso: nesta ligazón

terça-feira, 18 de abril de 2017

Concurso de relatos `Vive la Plaza Mayor´


A Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Madrid, co propósito de incentivar a creatividade literaria e fomentar a lectura, convoca o seu IX concurso de microrrelatos co título de Vive a Praza Maior!
A temática do certame virará ao redor da Praza Maior de Madrid con motivo da conmemoración do cuarto centenario da súa construción. Desta forma, nos textos presentados a concurso terán que aparecer en polo menos unha ocasión as palabras Praza Maior, xuntas e nesa orde.
Cada concursante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos. La temática del certamen girará en torno a la Plaza Mayor de Madrid con motivo de la conmemoración del cuarto centenario de su construcción. De esta forma, en los textos presentados a concurso tendrán que aparecer en al menos una ocasión las palabras "Plaza Mayor", juntas y en ese orden.
Requisitos
Poderá participar calquera persoa maior de 15 anos. As obras deberán estar escritas en lingua castelá, contar cun máximo de 100 palabras máis un título que non exceda das 10.
Prazo
Do 27/03/2017 ao 15/05/2017, ata as 23.59 horas.
Dotación
Seleccionaranse 30 relatos que recibirán un diploma acreditativo. Deles, 10 serán considerados finalistas e as persoas gañadoras recibirán:
Primeiro premio
  • Un libro electrónico.
  • Un lote de material bibliográfico.
  • Catro entradas para o Bus Turístico.
  • Dúas invitacións ao teatro.
Segundo premio
  • Un libro electrónico.
  • Un lote de material bibliográfico.
  • Catro entradas para o Bus Turístico.
Terceiro premio
  • Un lote de material bibliográfico.
  • Catro entradas para o Bus Turístico.
Xurado
Estará integrado por bibliotecarios/as da Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Madrid.
Máis información aquí

quinta-feira, 1 de dezembro de 2016

Certame Literario: Relatos de auga intelixente






O III Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga en todas as cidades e municipios nos que VIAQUA presta servizo, así como fomentar a participación activa dos xoves no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.
Participantes
• Poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, con lugar de residencia en España entre as idades de 12 e 17 anos, que cursen estudos en centros educativos ou de Formación Profesional ubicados nos municipios nos que a empresa presta o seu servizo de subministro de auga.
• Estableceranse dúas categorías: unha para alumnado da E.S.O. e outra para Bacharelato/FP.
• Cada autor/a poderá presentar un máximo dun microrrelato inédito escrito en lingua castelán, ou en galego.
Requisitos que deben reunir os relatos curtos
• A extensión do microrrelato non poderá ser superior a 200 palabras con espazos.
• Deberá estar escrito a ordenador, para o seu envío por correo electrónico.
• A temática ten que estar referida á importancia da auga na sociedade e na vida, o uso responsable e o coidado do medioambiente, así como á percepción que os participantes teñen do concepto cidade intelixente e auga intelixente, atendendo ao título do certame.
• Valorarase a utilización de alomenos catro das seguintes palabras/expresións: auga, medioambiente, nivel do mar, contaminación, consumo, compromiso, cidade intelixente, auga intelixente.
• Valorarase a presenza no relato curto dalgunha sinal de identidade da cidade do participante, así como o coidado da gramática e da ortografía.
Prazos do Certame
• Ata o día 31 de decembro de 2016 poderán entregarse os relatos curtos. Os premios aos gañadores se entregarán na semana do DMA 2017.
Premios
• Premio: A persoa que resulte gañadora en cada unha das categorías do III Certame Literario das sociedades recibirá un iPad mini, e o 2º premio un e-book. Ambos recibirán un lote de libros de temática vinculada a agua e o medio ambiente a determinar pola empresa.
• O centro educativo que presente maior número de relatos recibirá un premio ou mención especial a determinar pola empresa.
• A persoa gañadora, así como as finalistas, se publicarán na sección de noticias das páxinas web das empresas participantes.
Máis información: pincha aquí 

quinta-feira, 26 de fevereiro de 2015

Concurso de Microrrelatos

IV Concurso de Microrrelatos da Fundación Camilo José Cela

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca este concurso co fin de fomentar a creación literaria e recordando, neste ano previo ao centenario do seu nacemento, unha das obras máis populares do escritor galego, “Viaje a la Alcarria”.

Poderá presentarse calquera persoa física independentemente da súa idade, nacionalidade e lugar de residencia.

Categorías:
  • Infantil (ata 12 anos)
  • Xuvenil (de 13 a 17 anos)
  • Adultos (18 anos en adiante)
Os traballos premiados publicaranse en edición dixital e o primeiro premio de cada categoría obsequiarase cunha tableta dixital.

O prazo de admisión dos microrrelatos finaliza o 10 de marzo de 2015 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Máis detalles desta convocatoria: pincha aquí

quarta-feira, 14 de maio de 2014

Concurso de relatos


O Centro Oceanográfico de Vigo organiza un Concurso de Relatos, para conmemorar o Centenario do Instituto Español de Oceanografía, coa investigación mariña como temática.

Haberá dúas categorías, unha xuvenil (de 12 a 17 anos) e adulto (máis de 18); e dúas modalidades, unha de microrrelatos (máximo 500 palabras) e outras de relatos curtos (entre 800 a 1500 palabras).

O prazo presentación finaliza o día 17 de maio de 2014, ás 15 horas.

Bases do concurso: pincha aquí 

sexta-feira, 31 de janeiro de 2014

Concurso de microrrelatos FCJC

La Fundación Pública Gallega Camilo José Cela convoca el III Concurso de Microrrelatos Fundación Camilo José Cela, con el fin de fomentar la creatividad literaria.

Categoría juvenil: de 13 a 17 años

Adultos: de 18 años en adelante

Bases del concurso: pincha aquí


Características de los microrrelatos:
  • temática libre
  • la frase de inicio será el arranque de la novela Mazurca para dos muertos: "Llueve mansamente y sin parar, llueve sin ganas pero con una infinita paciencia, como toda la vida.."
  • deben llevar un título
  • la extensión máxima es de 1.250 caracteres con espacios
  • estarán escritos en castellano
  • no se valorarán aquellos trabajos con faltas de ortografía o expresiones gramaticales incorrectas
  • no podrán contener ningún tipo de insultos, expresiones peyorativas, descalificativos, expresiones discriminatorias, así como tampoco incitaciones a la violencia ni amenazas


Plazo de admisión de los microrrelatos: finaliza el 9 de marzo

Mazurca para dos muertes, PDF: pincha aquí


sexta-feira, 25 de janeiro de 2013

Concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica

Inspiraciencia é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e o Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona, que consiste nun concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha maneira lúdica e participativa.


Os relatos curtos son narracións de ata 1500 palabras e os microrrelatos teñen unha extensión máxima de 500 palabras. O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente.

Categorías:
  • Público xuvenil: entre 12 e 17 anos
  • Público xeral adulto: a partir de 18 anos
Os participantes deben rexistrarse e poden enviar como máximo dous relatos.

Modalidades:
  • Relatos curtos: entre 800 e 1500 palabras
  • Microrrelatos: ata 500 palabras
Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.

A data límite para publicar os relatos é o 10 de marzo de 2013.

Premios:

O concurso prevé un premio institucional para cada modalidade e categoría e tamén haberá un premio do público. Tanto os premios institucionais e do público poderán ser dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura ou obradoiros similares, en función das posibilidades.

Más información: pincha aquí



domingo, 5 de fevereiro de 2012

Premios pola Paz

Estas son as persoas premiadas polas súas creacións para o Día da Paz e da Non Violencia:


Parabéns e moitas grazas a todas as persoas desta lista!

Agora, convidamos á lectura das composicións que o alumnado fixo con motivo deste Día Escolar da Paz e a Non Violencia:



25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...