quinta-feira, 1 de dezembro de 2016

Certame Literario: Relatos de auga intelixente






O III Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga en todas as cidades e municipios nos que VIAQUA presta servizo, así como fomentar a participación activa dos xoves no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.
Participantes
• Poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, con lugar de residencia en España entre as idades de 12 e 17 anos, que cursen estudos en centros educativos ou de Formación Profesional ubicados nos municipios nos que a empresa presta o seu servizo de subministro de auga.
• Estableceranse dúas categorías: unha para alumnado da E.S.O. e outra para Bacharelato/FP.
• Cada autor/a poderá presentar un máximo dun microrrelato inédito escrito en lingua castelán, ou en galego.
Requisitos que deben reunir os relatos curtos
• A extensión do microrrelato non poderá ser superior a 200 palabras con espazos.
• Deberá estar escrito a ordenador, para o seu envío por correo electrónico.
• A temática ten que estar referida á importancia da auga na sociedade e na vida, o uso responsable e o coidado do medioambiente, así como á percepción que os participantes teñen do concepto cidade intelixente e auga intelixente, atendendo ao título do certame.
• Valorarase a utilización de alomenos catro das seguintes palabras/expresións: auga, medioambiente, nivel do mar, contaminación, consumo, compromiso, cidade intelixente, auga intelixente.
• Valorarase a presenza no relato curto dalgunha sinal de identidade da cidade do participante, así como o coidado da gramática e da ortografía.
Prazos do Certame
Ata o día 31 de decembro de 2016 poderán entregarse os relatos curtos. Os premios aos gañadores se entregarán na semana do DMA 2017.
Premios
• Premio: A persoa que resulte gañadora en cada unha das categorías do III Certame Literario das sociedades recibirá un iPad mini, e o 2º premio un e-book. Ambos recibirán un lote de libros de temática vinculada a agua e o medio ambiente a determinar pola empresa.
• O centro educativo que presente maior número de relatos recibirá un premio ou mención especial a determinar pola empresa.
• A persoa gañadora, así como as finalistas, se publicarán na sección de noticias das páxinas web das empresas participantes.
Máis información: pincha aquí 

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...