Organismos responsables
Fundación Paz e Cooperación en colaboración con UNOOSA, a Oficina de Asuntos do Espazo de Nacións Unidas
Que é
Trátase dun premio relacionado coa Semana Mundial do Espazo, que se celebra internacionalmente do 4 ao 10 de outubro co fin de dar a coñecer "as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais ao melloramento da condición humana" (resolución da Asemblea Xeral A/RES/54/68, Documento PDF, 6 de decembro de 1999).
Obxectivo
Concienciar e sensibilizar a través da educación ás novas xeracións sobre temas sociais de carácter mundial.
Destinatarios/as
Alumnado de entre 6 e 18 anos.
Categorías
1. Debuxo libre (ata os 6 anos)
2. Cartel e lema (De 7 a 12 anos)
3. Mural ou traballo colectivo (De 12 a 15 anos)
4. Composición libre (de 16 a 18 anos).
Prazo de entrega e forma de presentación
Os traballos débense presentar antes do 4 de xullo de 2017 na sede de Paz e Cooperación en Madrid preferiblemente por correo postal. A información necesaria atópase nas bases do premio: http://www.peaceandcooperation.org/imagescom/2016-2017/carteis/ss/espanol.pdf
Todos os traballos que se envíen por correo postal deberán estar identificados co nome, apelidos, idade no momento da realización do traballo, dirección do centro docente, teléfono e/ou correo electrónico de todas as persoas autoras, e deberán enviarse nun sobre pechado.
Premios
6 diplomas en cada categoría.
7 premios de 300 euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário