sexta-feira, 25 de janeiro de 2013

Concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica

Inspiraciencia é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e o Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona, que consiste nun concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha maneira lúdica e participativa.


Os relatos curtos son narracións de ata 1500 palabras e os microrrelatos teñen unha extensión máxima de 500 palabras. O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente.

Categorías:
  • Público xuvenil: entre 12 e 17 anos
  • Público xeral adulto: a partir de 18 anos
Os participantes deben rexistrarse e poden enviar como máximo dous relatos.

Modalidades:
  • Relatos curtos: entre 800 e 1500 palabras
  • Microrrelatos: ata 500 palabras
Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.

A data límite para publicar os relatos é o 10 de marzo de 2013.

Premios:

O concurso prevé un premio institucional para cada modalidade e categoría e tamén haberá un premio do público. Tanto os premios institucionais e do público poderán ser dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura ou obradoiros similares, en función das posibilidades.

Más información: pincha aquí



1 comentário:

Melina López disse...

Noraboa pola difusión!

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...