Inspiraciencia é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e o Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona, que consiste nun concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha maneira lúdica e participativa.
Os relatos curtos son narracións de ata 1500 palabras e os microrrelatos teñen unha extensión máxima de 500 palabras. O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente.
Categorías:
- Público xuvenil: entre 12 e 17 anos
- Público xeral adulto: a partir de 18 anos
Os participantes deben rexistrarse e poden enviar como máximo dous relatos.
Modalidades:
- Relatos curtos: entre 800 e 1500 palabras
- Microrrelatos: ata 500 palabras
Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.
A data límite para publicar os relatos é o 10 de marzo de 2013.
Premios:
O concurso prevé un premio institucional para cada modalidade e categoría e tamén haberá un premio do público. Tanto os premios institucionais e do público poderán ser dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura ou obradoiros similares, en función das posibilidades.
Más información: pincha aquí
1 comentário:
Noraboa pola difusión!
Enviar um comentário