sábado, 19 de novembro de 2011
Manifesto de Lugo
Pasaron 93 anos desde que, nos días 17 e 18 de novembro, se reuniran en Lugo por vez primeira todas as Irmandades da Fala. Daquela asemblea saiu o Manifesto de Lugo, considerado como a acta de nacemento do nacionalismo galego. Nel, Galiza é definida como nación e, por iso, reclámase a sua autonomia integral e ainda a cooficialidade da lingua galega.
Con motivo desta efeméride, teremos hoxe en Lugo algunhas actividades organizadas, ora pola AC Cultura do País, ora por Mádia Leva (clicando nos enlaces, podes coñecer os horarios).
Un dos actos máis relevantes (ás 18h30, no Centro de Convivencia Maruxa Mallo) vai estar protagonizado polo noso caro colega, o profesor-doutor Xosé Luís Novo Cazón; falará sobre Lois Peña Novo, personalidade marcante das Irmandades ben coñecido polo profesor: Lois Peña Novo : Irmán da Fala, agrarista; avogado; galeguista; republicano: a paixón política: historia dunha frustración é o título dun dos estudos da súa autoría.
Outros actos decorrerán na rúa da Raíña, ao pé do hotel Méndez Núñez (lugar en que se reuniron as Irmandades) onde van ser lidos textos relevantes na nosa historia. De carácter máis lúdico vai ser a III Festa Dandi, na Sala Doble Moral (Pza. da Horta do Seminario), a partir das 23h00. "Consistirá nun concerto do grupo Os da Ría Íntimos, con entrega dos Premios Dandi e algunha que outra sorpresa", segundo informan aquí.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário