Mostrar mensagens com a etiqueta Historia de Galiza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Historia de Galiza. Mostrar todas as mensagens

sábado, 19 de novembro de 2011

Manifesto de Lugo


Pasaron 93 anos desde que, nos días 17 e 18 de novembro, se reuniran en Lugo por vez primeira todas as Irmandades da Fala. Daquela asemblea saiu o Manifesto de Lugo, considerado como a acta de nacemento do nacionalismo galego. Nel, Galiza é definida como nación e, por iso, reclámase a sua autonomia integral e ainda a cooficialidade da lingua galega.

Con motivo desta efeméride, teremos hoxe en Lugo algunhas actividades organizadas, ora pola AC Cultura do País, ora por Mádia Leva (clicando nos enlaces, podes coñecer os horarios).
Un dos actos máis relevantes (ás 18h30, no Centro de Convivencia Maruxa Mallo) vai estar protagonizado polo noso caro colega, o profesor-doutor Xosé Luís Novo Cazón; falará sobre Lois Peña Novo, personalidade marcante das Irmandades ben coñecido polo profesor: Lois Peña Novo : Irmán da Fala, agrarista; avogado; galeguista; republicano: a paixón política: historia dunha frustración é o título dun dos estudos da súa autoría.

Outros actos decorrerán na rúa da Raíña, ao pé do hotel Méndez Núñez (lugar en que se reuniron as Irmandades) onde van ser lidos textos relevantes na nosa historia. De carácter máis lúdico vai ser a III Festa Dandi, na Sala Doble Moral (Pza. da Horta do Seminario), a partir das 23h00.  "Consistirá nun concerto do grupo Os da Ría Íntimos, con entrega dos Premios Dandi e algunha que outra sorpresa", segundo informan aquí.

  Hai en que escoller. Como para non ficar na casa!

quinta-feira, 4 de novembro de 2010

O noso anfiteatro

Hoxe non o temos; por non ter, non temos en Lugo un teatro nin un audiorio en condicións.
Os romanos si construíron nesta cidade un anfiteatro para uns 2.800 espectadores: eran tempos!
Hoxe, no  blogue Iniciarte, en que moito podemos aprender, divulgan información sobre esta edificación que, polo que se anosa e polo seu interese, recollemos:

De tamaño reducido para a súa tipoloxía, tiña unha capacidade para aproximadamente 2.800 espectadores, de acordo co número de habitantes da cidade de Lucus Augusti.

Posúe unhas dimensións exteriores de 234 x 216 pés, (69.26 x 63.93 m.) en ambos os eixos, que son múltiplos das dimensións 13 e 12 que compón a escuadra pitagórica que rexe a xeometría da cidade e os seus edificios.

O anfiteatro está situado no exterior da urbe, na fachada oeste-suroeste, no camiño de acceso á porta principal da cidade que, desde o Decumanus Máximo comunicaba directamente coa vía proveniente de Braccara Augusta, o río Miño e as termas medicinais existentes na súa beira. Nesta ladeira construíronse ao longo do século I d.C. ademais do anfiteatro, a palestra dos gladiadores, o templo de Isis, (de acordo ao mandato expreso de Augusto), e o templo de Venus.

O eixo principal do anfiteatro, que o é tamén da palestra, nace xeometricamente no centro da porta do templo de Isis e termina na porta do templo de Venus. Esta xeometría urbana explica a estudada relación dos edificios nesta zona. Este eixo principal segue a dirección marcada pola escuadra pitagórica que rexe a cidade. 
Estes catro edificios, xeraban unha gran actividade e afluencia de visitas, as súas características e cultos facían desta zona da cidade a máis atractiva para o lecer dos habitantes de todo o convento. Asociados a eles existían adegas e prostíbulos que configuraban o lugar como o máis concorrido de toda a urbe.






O texto orixinal, as imaxes e o vídeo proceden de Amphitheatrum. Máis información sobre este tema, aquí.

quarta-feira, 14 de abril de 2010

Castelao. A derradeira lección do mestre

 A non perder:
Hoxe inaugúrase no Museo Provincial de Lugo esta Exposición que  se corresponde con obra realizada por Castelao entre os anos 1936 e 1950. O acaso fixo que, tamén hoxe, o Parlamento da Galiza declarase a obra de Castelao como Ben de Interese Cultural (BIC).

Con entrada gratuíta, os horarios da exposición son estes:
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
De María do Pilar García Negro e Felipe-Senén López Gómez, comisiarios da exposición, seleccionamos o inicio do emotivo texto con que a apresentan e que se pode ler á íntegra na páxina do Museo:

"No 7 de Xaneiro deste 2010 cumpríronse 60 anos da morte de Castelao. Esta Exposición a el dedicada quer, a pé feito, conxurar unha perniciosa parsimonia, non casual, a que nos leva a demorar de máis no coñecemento da nosa historia e, por tanto, a ignorármonos nós mesmos. O caso de CASTELAO (Galiza Rianxo, 1886 -Buenos Aires, 1950) é particularmente chamativo, porque se dá a circunstancia de que non só constitúe un precioso antecedente cultural e político, senón que o pensamento e a praxe por el elaborados están aínda lonxe de teren cumprimento na Terra a que serviu. Non está superado.
Entre o silencio e o ditirambo oco hai un camiño considerábel, o do coñecemento actualizado, a perspec-tiva realista e o dereito a orgullármonos da nosa propria historia, a comezar pola que nos significou de forma digna, non a que nos caricaturizou inclemente. Este necesario coñecemento de nós, este reencontro, é o que pretendemos con esta Exposición montada arredor da maior personalidade galega do século XX, Castelao. A importancia e a transcendencia da súa obra fan del un compatriota invulgar, porque aunou, en toda a súa actividade, múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, carica¬turista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista. Mais todas as faces deste poliedro tan fértil obedecen a unha mesma motivación e aspiración: a significación cultural e a representación política da Galiza como nación que debía ser coñecida e recoñecida como tal, tanto fóra como dentro dela mesma. Porque non abdicou nunca, en toda a súa vida adulta, dun duplo deber: a devolución aos galegos da súa historia e da súa cultura, e a proxección do universo galego en España e no mundo".

domingo, 7 de fevereiro de 2010

Por Antom Moreda


Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentou:
-Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.
(Álvaro Cunqueiro: Herba aquí ou acolá)

Antom Moreda abandonou a loita que sempre mantivo por Galiza: faleceu  nesta semana, deixando un labor exemplar por unha terra libre e que se remonta, na emigración bonaerense ao nacimento das Mocedades Galeguistas no 1953 das que chegou a ser Secretario Xeral. De volta á terra, é responsábel pola organización e fundación na clandestinidade do Consello da Mocidade de Galiza, no ano 63.
Até sempre, querido Antom.

Non deixes de te informar máis aquí, aquí e  aqui

terça-feira, 10 de novembro de 2009

Xogamos con este barallo?


Este é un barallo especial: podemos xogar e, ao tempo, aprender algo da historia da Galiza, desde a fundación do primeiro reino na Gallaecia; é precisamente a conmemoración, neste 2009, dos 1600 anos da coroación do suevo Hermerico como rei(409)o que motivou a creación do xogo de cartas.
O traballo foi realizado pola Asociación Cultural Monte da Estrela de Arteixo e pódese descarregar e imprimir clicando aquí.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...