Os romanos si construíron nesta cidade un anfiteatro para uns 2.800 espectadores: eran tempos!
Hoxe, no blogue Iniciarte, en que moito podemos aprender, divulgan información sobre esta edificación que, polo que se anosa e polo seu interese, recollemos:
De tamaño reducido para a súa tipoloxía, tiña unha capacidade para aproximadamente 2.800 espectadores, de acordo co número de habitantes da cidade de Lucus Augusti.
Posúe unhas dimensións exteriores de 234 x 216 pés, (69.26 x 63.93 m.) en ambos os eixos, que son múltiplos das dimensións 13 e 12 que compón a escuadra pitagórica que rexe a xeometría da cidade e os seus edificios.
O anfiteatro está situado no exterior da urbe, na fachada oeste-suroeste, no camiño de acceso á porta principal da cidade que, desde o Decumanus Máximo comunicaba directamente coa vía proveniente de Braccara Augusta, o río Miño e as termas medicinais existentes na súa beira. Nesta ladeira construíronse ao longo do século I d.C. ademais do anfiteatro, a palestra dos gladiadores, o templo de Isis, (de acordo ao mandato expreso de Augusto), e o templo de Venus.

O eixo principal do anfiteatro, que o é tamén da palestra, nace xeometricamente no centro da porta do templo de Isis e termina na porta do templo de Venus. Esta xeometría urbana explica a estudada relación dos edificios nesta zona. Este eixo principal segue a dirección marcada pola escuadra pitagórica que rexe a cidade.
Estes catro edificios, xeraban unha gran actividade e afluencia de visitas, as súas características e cultos facían desta zona da cidade a máis atractiva para o lecer dos habitantes de todo o convento. Asociados a eles existían adegas e prostíbulos que configuraban o lugar como o máis concorrido de toda a urbe.
O texto orixinal, as imaxes e o vídeo proceden de Amphitheatrum. Máis información sobre este tema, aquí.
2 comentários:
Lembrade que é tan só unha teoría. Hoxe por hoxe non está aceptada no ámbito científico. Saúdos desde Iniciarte.
Claro, claro; mais é unha idea de que gostamos. Moitas grazas, Antonio
Enviar um comentário