quarta-feira, 3 de novembro de 2010

Maleta de Poesía

Xa temos aquí a Maleta de Poesía, máis  un recurso que a a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon ao noso dispor para, neste caso, facermos visíbel entre o alumnado máis novo este xénero literario e  dármolo a coñecer;   A maleta " inclúe unha selección de libros de poesía infantil e xuvenil, para "abrir boca" e coñecer novas tendencias. Contempla textos poéticos destinados a adultos, dos que poderían extraerse algúns poemas para o seu tratamento cos rapaces e rapazas, e materiais específicos para os docentes."

Ao dispor de todo o profesorado, nomeadamente  do de 1º ciclo de ESO, está este material e unha guía con suxestións de traballo. É recomendábel traer o alumnado á biblioteca para as posíbeis actividades ou levar a maleta á aula

.

2 comentários:

BIBLOS disse...

Estupenda iniciativa. Todo lo que sea promocionar la poesía, bienvenido sea. Merece mucho la pena. Saúdos dende Loranca.

Maria disse...

Moitas grazas, amigas. Magnífico é o voso Maratón de Versos, presentado con un texto que me gustou moito.
Saúdos lugueses

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...