O próximo martes, o Dr. Joaquin Mendonça, membro da ONG "Cirujanos del mundo", virá á nosa escola para informar o alumnado de 1 º Bac sobre o traballo que están facendo en Uganda.
Para nos familiarizar co país, deixamos a seguir o vídeo Fillas da África, sobre dúas nenas da Uganda, Hoctavia e Ruth, con grandes soños. Para elas, formárense no ensino medio é a única forma de saíren, xunto coas súas familias, da pobreza. Isto suponlles un gran reto porque millóns de nenas, en África, nunca ultrapasan o ensino primario: alí, o ensino medio é xeralmente reservado para os nenos.
As linguas oficiais na Uganda son o inglés e o suahili; o vídeo ten, tanto o audio como os subtítulos, en inglés.
Sem comentários:
Enviar um comentário