Moitas grazas por nos regalardes con esta obra tan formosa.
Despois do vídeo, as explicacións da realización, recollidas da web do centro.
"Utilizando unha técnica moi sinxela, o stop-motion (unha sucesión de fotografias de pequenos movementos que vistas a certa velocidade dan a sensación de movemento real) converten en protagonistas da película cousas que consideramos como xenuinamente galegas: palabras, zapatos, xogos, pan, postres, verduras como grelos e pementos e mesmo instrumentos musicais ou libros. Os sons da película son as voces do alumnado de 4º mentres que o de 1º colaborou en tarefas como movemento de obxectos e pintura con pegadas dactilares. Ademáis este vídeo ten dous colaboradores de excepción: García MC (Dios Ke Te Crew) e a profesional do sector audiovisual Diana Toucedo que actualmente traballa en Barcelona"
Sem comentários:
Enviar um comentário