A primeira, ás 20h00 na Praza Maior, responde a unha convocatoria internacional (varios países hispanoamericanos tamén van protestar) para nos opor ao maltrato aos animais.
Media hora despois, ás 20h30, no centro de convivencia Maruxa Mallo, o historiador e autor do Atlas Histórico da Galiza, José Manuel Barbosa, e o profesor e escritor Calros Solla falarán sobre o patrimonio; a palestra responderá ao título Non vos imos gardar o segredo. Crónica da desfeita do patrimonio galego.
Estas palabras do profesor Solla, recollidas no seu blogue O Embigo do Becho, tan infelizmente reveladoras da realidade que creamos, serven de orientación para o conteúdo da charla:
"Fagan quilómetros, crucen Galicia de norte a sur, de leste a oeste. Agás, fabas contadas, todo ao noso arredor semella froito da improvisación, da grosaría e da provisionalidade: a preservación da paisaxe, a xestión do patrimonio, a planificación urbanística... "
Sem comentários:
Enviar um comentário