quarta-feira, 23 de março de 2011

Saboreando as linguas


Xa pasou un mes desde que este concurso ía se convocado: a data en que a ONU propón como Dia Internacional da Língua Materna (21 de febreiro). O tempo, sempre o tempo...!
Mais, todos os días, todos os meses o son das linguas maternas e agora, despois do empacho de exames, propoñemos outro tipo de fartura moi, moi diferente e liberadora do estrés que, podendo ser salgada, resultará moi doce:
Participardes do concurso Saboreando as linguas, cuxas bases son estas:


Primeira

Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

Segunda

O concurso está dirixido a todo o alumnado do Centro. Poderá participar toda a Comunidade Educativa( pais, profesores, persoal non docente) mais fóra de Concurso.

Terceira

As receitas, preferentemente propias de cada país, deberán estar escritas na lingua orixinaria do lugar (portugués, inglés, chinés, sueco, galego, castelán, francés, alemán ou calquera lingua propia do alumnado que está no centro, mesmo de visita) e presentárense mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

Cuarta

Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, así como a orixinalidade e a corrección da lingua usada na receita.

Quinta

Aceptaranse, como máximo, dúas receitas por participante.

Sexta

Os/as concursantes presentarán na Biblioteca as súas receitas escritas, de luns a venres de 9h35 a 13h25, tendo como data límite de presentación o 7 de abril de 2011, antes das 13h25. Tamén se poderán enviar ao noso enderezo electrónico, indicamdo no campo "Asunto" o nome deste concurso:  biblioteca@iesollosgrandes.org
No día indicado pola organización deberase presentar, ademais, o prato cociñado na casa.

Sétima

Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co Nome e datos persoais do autor/a.

Oitava

Con data que anunciaremos, terá lugar un acto de entrega de premios na Biblioteca, ao cal poderán asistir  participantes e  público en xeral.

Novena

Os premios dos gañadores e gañadoras serán os seguintes:
Finalista: Libro
Gañadora ou gañador: Cámara dixital DV 510

Ademais, as súas receitas serán publicadas neste blogue da Biblioteca

Décima

A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...