In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

domingo, 30 de janeiro de 2011

125 anos...

... faría hoxe Castelao (1886-1950).
"Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma (...)¿Como chamaríamos a un bárbaro que consentise o derrubamento do Pórtico da Gloria? Pois é certamente máis bárbaro quen deixa morrer un idioma"

A principal institución galega, que se negou a declarar este 2011 como Ano Castelao e se excluiu de o homenaxear, rexeita coa súa política lingüística estas e outras palabras de Castelao, extraídas do Sempre en Galiza, cuxa última versión foi publicada por Através Editora, nesta lingua "extensa e útil" de que el falaba.

A nosa biblio expón, no corredor da planta baixa, os documentos de que dispomos canto a obra plástica e libros; enriqueceuse coas aportacións da profesora Áurea Maria Penas Roibás, responsábel da biblioteca, que emprestou un cadro sobre o autor, e do profesor Mateo Mendaña, que recreou a maioría das Cousas da Vida e do álbum Nós.
Non deixedes de a visitar. Por mais que creamos coñecer a obra de Castelao, sempre encontraremos algo novo.

3 comentários:

Ronsel disse...

Na súa memoria, e pola súa memoria, seguiremos loitando!
Apertas

Maria disse...

Cada dia!
Abrazo grande

Anónimo disse...

Castelao está ausente do ciclo de escritores da Biblioteca da Galiza (Cidade da Cultura): "se non está Castelao é porque Castelao non se concibiu como un escritor", por palabras do Director Xeral do Libro.

Chegan mesmo a iso!!!