O mércores 14 de xaneiro o Clube de Lectura do noso instituto xuntouse para comentar os relatos "Arraianos" de Méndez Ferrín. Os detalles que algún compañeiro pasara por alto foron suliñados e interpretados por outra compañeira, ata pecharmos entre todos unha lectura máis rica e completa.
Pero como non podía ser doutra maneira, as distintas perspectivas deron lugar a animadas conversas sobre a presentación nos medios e na literatura galega da guerra civil. Falouse da represión en Galicia, da tortura gratuita, da transición non modélica, da monarquía anacrónica, do papel da prensa como refuxio de identidades..., ata que o tempo nos botou da biblioteca.
O mércores 11 de febreiro ás 18h volveremos a xuntarnos. Comentaremos "Made in Galiza" de Sechu Sende, unha reflexión irónica e cercana do uso da lingua galega. Por suposto, visitaremos tamén os cerros de Úbeda.
Animamos a todo o alumnado a que acuda a esta xuntanza. Entre todos intentaremos facer unha lectura máis acertada das cousas que acontecen neste mundo tan difícil de comprender.
quarta-feira, 14 de janeiro de 2009
Xuntanza do Clube de Lectura "Ollos Grandes"
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Do blogue do CEIP Isaac Peral (que suxerimos para encontrar unha amplísima información e documentación para traballarmos nas aulas acerca ...
-
Anosado con Luís Tosar, ex-alumno do instituto, anosado co seu discurso e a súa viciñanza. Parabéns, Luís! Sentimos orgullo polo teu magníf...
1 comentário:
Si, Manuel, as visitas aos Cerros de Úbeda costuman ser un dos puntos máis ricos destes encontros; e que asequíbeis resultan estas viaxes, nestes tempos de crise.
E sabede: admítense viaxeiras e viaxeiros -creo que están en aumento xa-.
Para o 18, alén do libro, combinamos que levaríamos visto o filme "Os xirasois cegos", co fin de fecharmos conversas inciadas na sesión anterior.
Boas leitura
Enviar um comentário