Os dous primeiros terán sesión mañá, mércores, día 2: o de "maiores" comentará, a partir das 18h00, as impresións, emocións e o que for saindo a partir da lectura de Sextinario: trinta e seis + tres,
de Marica Campo. O Clube Ollos Grandes de 2º e 3º de ESO reunirase no recreo para concretar a próxima lectura (será un relato de medo, mais non desvelamos a autoría, aínda).
Tuga-Lugo-Lendo será apresentado a todo o público interesado no próximo venres, ás 19.30, tamén na biblioteca. E non debedes perder o evento porque teremos música e poesía: poesía na voz do poeta mozambicano Silvino Lopes Évora e mornas de Cabo Verde con Édson Alves.
Este Clube, de que forman parte varias persoas deste instituto, naceu por iniciativa do Departamento de Português da EOI de Lugo e está aberto a quen desexar partillar leituras da lusofonia.
Aínda non pertences a ningún destes clubes? Pois perdes risos, emocións, conversas...Decídete!
Para ir abrindo boca, deixamos este poema,evocador de Cortázar, de Marica Campo:
Cortazaraina
Albamente, así cedo, nunha limba
ao compás dos lamurcios e na liomba
volver atrás o lámpado da glucia.Maramando na praia, abrir o leso
a todas as lembranzas, fretar lanxios.
Nas sombras de tralén, aldar a boca.
Non sabes lumegar coa túa boca,
aprenderás cabo de min na limbae verás como ardoran moitos lanxios.
Alí eu poñerei a nosa liomba,
ofrecereiche en cunca todo o leso
e así has coñecer un mar de glucia.
cómpre salmelentar lambando a boca
para proclivecer o sol e o leso.
Agárdanos moi branca acesa limba
no medio e medio cenital da liomba
mentres, polo arredor, cantan os lanxios.
Algún día verás aquí os lanxios
a mesturar a súa e nosa glucia.
Será un albecer na grande liomba
cando o salmelentado chegue á boca.
Alí será, todo esplendor a limba,
a cantiga primeira polo leso.
Perderas as batallas polo leso,
pasaras toda a vida a buscar lanxios
lonxe do cardiomol, alén da limba.
Entreveras, quizais, algunha glucia
no tremulir do cordio cara á boca
a presaxiar o nome azul da liomba.Un mundo de selenes vén á liomba
cando ti vas comigo polo leso
a iniciares a rolda dende a boca.
Tamén nos fan un corro silvos lanxose beben no moldor enteira a glucia
mentres ti soldemoras pola limba.
A túa danza, a limba nesta liomba,
do carrusel do leso leva os lanxos
a poñerche de glucia toda a boca.
Sem comentários:
Enviar um comentário