quarta-feira, 2 de dezembro de 2009

Por Paul Naschy/Jacinto Molina

Acabo de recibir no meu correo un escrito dun grande lector e cinéfilo e quero compartilo aquí, homenaxeando, con el, a Paul Naschy e divulgando a súa obra, tan olvidada na súa terra e valorada fóra:


"A mala noticia que onte me deu a radio non por esperada foi menos triste: deixounos Jacinto Molina, o máis grande heroi de todos os viláns do cine de terror español e, no seu xénero, mundial. Xa só nos queda Cristopher Lee que, como os afeizoados saben, é un "non morto".
Pensando sobre todo o que nos deixou aos seguidores do xénero de terror, cos seus máis de cen filmes  e millares de referencias na net, sinto a morte del como a dun amigo, sentimento que se acrecenta pola relación  que unha persoa moi próxima a min tivo con el durante a montaxe da súa, probabelmente, última aparición perante as cámaras e que, en breve, se proxectará no cinema.
Seguindo coas miñas elucubracións e talvez para me animar, regresei a Paul Naschy no seu mellor personaxe, ese que non morreu -O señor de Valdemar- que, nas noites de lúa chea (curiosamente, a noite da morte de Naschy foi plenilunio, casualidade?), se transformaba maxistralmente en home-lobo; ese que só podería morrer cando, tras unha encarnizada loita co seu "Van Helsing" ocasional, recibise unha bala de prata en pleno corazón. Ese si seria un formoso final para este heroi vilán! Mais..., seria o final? Ou resucitaría de novo para se enfrentar a Drácula, Frankenstein...Enfin, os amadores do xénero xa me entenderán.
Até sempre, meu caro home-lobo."
A seguir, unha entrevista co actor:

1 comentário:

Anónimo disse...

Preciosa homenaxe ó mellor licántropo da gran pantalla...preciosa!
Para cándo un artículo sobre Gene Ack-man?

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...