quarta-feira, 2 de fevereiro de 2011

Jaureguízar na biblioteca

 No pasado venres, Santiago Jaureguízar veu conversar con alumnado que  participa no Clube de Lectura.
Aínda que varias persoas se brindaron a deixar por aquí unhas impresións do evento, por agora só temos as de unha grande lectora, Carme Jorge Díaz, de 3º A . A Carme, a Jaureguízar, a Esther e a quen nos deixar comentarios ou opinións sobre este encontro literario, moitas grazas.

Jaureguízar é un home alto, con gafas. Tatexa lixeiramente ao falar, supoño que un pouco polos nervios de ter que lidar cun grupo de adolescentes. Vén falarnos dun libro A coroa de Napoleón. O protagonista é un rapaz de dezaseis anos, namoradizo e aventureiro, que está a investigar o caso dunha coroa que Napoleón empregou para coroarse emperador. Unha novela policíaca cunha trama non moi complexa, desas ideais para ler nunha tarde aburrida, unha novela entretida.
O autor, ademais de falar do seu libro, pregúntanos cousas sobre a nosa rutina. Mesmo nos dá consellos aos que, coma min, queremos ser escritores: que os libros teñan poucos personaxes, que sucedan en lugares coñecidos para nós e que os personaxes sexan xente que coñecemos.
Jaureguízar mira a hora a cada pouco, ten que marchar ao periódico a traballar. Pero non se vai antes de asinar un libro.
Carme Jorge Díaz



Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...