Como despedida deste tempo escolar, recebemos un presente por partida dupla: dos amigos da Biblioteca do Colmeiro de Silleda e dos da Biblioteca Arquivos do Trasno do IES Rafael Dieste. Agradecemos especialmente o premio Sunshine por nos ser outorgado por blogues que son referentes para nós e que, persoalmente, sigo con atención.
É obriga para quen recebe o Sunshine Award partillar o premio con outros doce blogues, avisar os seleccionados, publicar o enderezo do seu blogue e crear un post coa noticia do premio recibido, con agradecimentos á persoa que o concedeu.
Como é difícil seleccionar os blogues a que vamos conceder o premio, decantámonos por aproveitar a ocasión para divulgar sitios, na maioría de outras biblios escolares, próximos física e/ou emocionalmente:
English for You, Rosa´s Blog
Musog
O sorriso da muralla
Bibliocovas
Bibliocervo
Barallando saberes
Afonsa le e conta
A biblioteca da libruxa
A biblioteca da tartaruga
Bibliofiz
Algo máis que pan e queixo
Friolteca
Boas viaxes literarias neste verán!
7 comentários:
Dende o equipo da biblioteca do IES Fontem Albei da Fonsagrada queremos darvos mil grazas polo seguimento e apoio que fixestes das nosas actividades audiovisuais. Nós tamén vos seguimos. Boas vacacións!!!
Congratulations for your Sunshine Award! (¡qué nombre tan bonito!)
E moito obrigada pola mención.
Y muchas gracias por haberme escuchado, animado, enseñado... este curso; gracias por las risas y las lágrimas.
Un abrazo
Rosa
Tedes un agasallo no noso blog. Noraboa polo voso traballo.
Dende Cervo, moitas grazas por acordarvos de nós! Unha aperta e boas vacacións!
Grazas, polo voso recoñecemento e potenciar deste xeito os blogues das bibliotecas escolares.
Nós é que agradecemos, a cada un de vós por diferentes motivos: polos sorrisos, por estares sempre aí, polo presente, polos ares frescos dese dinamizador sitio mariñao, polas viaxes que podemos realizar con ese blogue que tanto nos vai dar...; a todos, por nos permitirdes aprender convosco.
Abrazo
A pesar de non atoparnos fisicamente sempre hai un fermoso fío que nos une... grazas pola ilusión que transmites en cada verba.
Felices vacacións, agradecemos enormemente a mención ao noso blog.
Enviar um comentário