segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

Na rede

Fortuna fixo con que hoxe, 28 de Xaneiro de 2008, nos unamos a outros blogues das nosas Bibliotecas Escolares na rede. E esta e as datas inmediatas son, para nós, días de conmemoracións: hoxe lembramos a morte do grande poeta Manuel Antonio (1930/01/28), mañá Rafael Dieste faría 109 anos e, no día 30, alén da efeméride internacional a que se referen varias entradas dos nosos blogues, Castelao chegaría ás 122 primaveras; por iso -e pola admiración que lles debemos- os declaramos nosos guías neste camiño que iniciamos.
Nacemos en precario e servíndonos dos blogues irmáns, que tan ben evidencian o carácter colaborativo da web 2.0; agradecemos inmenso a súa xenerosidade e o seu traballo, na espera e coa promesa pública de os compensar co noso labor futuro.
E, parafrasendo o frecuentemente dito por responsábeis destes blogues, saúde, libros, músicas, cinema...e traballo colaborativo!
Maria

2 comentários:

Anónimo disse...

Que esta chegada sexa en hora boa.
saúdos marítimos.
olga

Anónimo disse...

Este é o meu día da miña estrena neste blog.Aínda que non falo un bo galego procurarei facelo o mellor posible.Un saudo

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...