María López Quiroga, alumna de 1º A de Bachillerato, ha conseguido una de las 12 becas que hay en España para estudiar en uno de los Colegios del Mundo
Si quieres saber en qué consiste este plan de estudios, pincha aquí ( en castellano) o aquí (en inglés)
Todavía no sabe en qué colegio estudiará pero será en uno de estos dos:
Gales: pincha aquí
Canadá: pincha aquí
En el centro nos sentimos muy orgullosos de poder compartir esta experiencia con ella y estamos seguros de que durante los dos próximos cursos "we will be looking forward to hearing from her"
Good luck, Maria!
sábado, 25 de abril de 2009
quinta-feira, 23 de abril de 2009
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada
Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Ollos Grandes do noso instituto convoca o segundo Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada, ben através deste blogue, nos comentarios a este post, ou por medio dun folio-modelo para preencher que se encontra na biblioteca e que será devolto no mesmo lugar.
Bases:
- No concurso pode participar calquera persoa da nosa Comunidade Educativa.
- Trátase de compartir, con un escrito breve, emocións/opinións da persoa participante sobre unha lectura conmovente.
- As participacións serán breves e poderán estar escritas en calquera das linguas que se ensinan neste instituto.
- Cada participante deberá indicar, despois do escrito, o seu nome e apelidos. Pódese participar por medio de pseudónimo; neste caso, é preciso entregar na biblioteca un sobre pechado co pseudónimo no exterior e os seus datos persoais no interior.
- O período para participar abranxe desde hoxe, 23 de abril até ao 18 de maio de 2009- A biblioteca, mediante a moderación de comentarios, resérvase o dereito a non publicar aquelas opinións que considerar inadecuadas a estas bases ou ferintes para con calquera persoa.
- O xuri estará composto polo Grupo da Biblioteca do instituto, co apoio dos departamentos de linguas.
- Outorgaranse tres premios –só a alumnado- consistentes nun vale de 75 euros para gastar nunha libraría.
– De todos os escritos, cada vale premiará, a orixinalidade, a emotividade e a expresividade literaria.

quarta-feira, 22 de abril de 2009
Selo Violeta: Este é um blog mágico

E o segundo premio, que agradecemos tanto, foinos concedido polo máxico, maneiro, veciño e amigo blogue Ponte Vella de Rábade.
Dise que "o Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prémio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
As normas a seguir son catro:
1. Mostrar o Selo Violeta e as regras no blog.
2. Citar os blogs considerados merecedores deste selo.
2. Avisar os premiados.
3. Escribir dous poderes máxicos que se cre ter.
Os blogues que declaramos máxicos son:
Eu, ela e a escrita
Quem disse que não gostamos de ler?
Ler para crer
O sabichão
Temos o poder máxico de querer aprender e de aprezarmos tantos e tantos contributos de blogues máxicos quen nos axudan nese aprendizado.
Blogue Maneiro
Durante un tempo, longo demais para nós, esta xanela non se abriu á luz deste mes amigo dos libros.
E antes de máis, agradecemos moito dous premios que nos ofereceron outras bibliotecas amigas.
A Biblioteca do Colexio de Cervo declarou Maneiro este noso blogue, isto é, un blogue "fixe", atractivo -aínda que sabemos que nos falta bastante para mercermos estas consideracións-.
Ser un blogue maneiro ten certas obrigas:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.
Nós declaramos maneiros estes blogues:
Biblioteca Ponte Vella
Biblioteca "Poeta Díaz Castro"
Biblioteca Fiz Vergara Vilariño
O xograr lector
Blog da Biblioteca do IES de Becerreá
Bibliocaxado
Ó carón da Lúa
Bibliobaronceli
BiblioZalaeta
Felices lecturas
Lecturas maneiras para todos
segunda-feira, 6 de abril de 2009
Boa Páscoa

Xá en pleno período de descanso, queremos desexarvos boa semana e boas lecturas; e para iso servímonos deste formoso traballo realizado por alumnado de francés, orientado pola sua profesora Laura, que frecuentemente nos delicia con exposicións do realizado nas aulas.
Beleza e aprendizado de francés on PhotoPeach
quinta-feira, 2 de abril de 2009
Candido Pazó contou para nós
Hoxe tivemos a fortuna de escoitar as historias do grande Cándido Pazó no salón de actos do instituto.
O espectáculo non deixou indiferente ninguén e só tivo unha eiva: apenas o puido seguir o alumnado de 4º de ESO, por causa das limitacións do aforo; como é pena ficarmos así, cos dentes longos, pedimos a quen asistiu que nos deixe nos comentarios as impresións vividas e a opinión sobre este tipo de actividades. En troca, deixamos estas fotos e prometemos algo máis:
Palabra de Cándido Pazó on PhotoPeach
O espectáculo non deixou indiferente ninguén e só tivo unha eiva: apenas o puido seguir o alumnado de 4º de ESO, por causa das limitacións do aforo; como é pena ficarmos así, cos dentes longos, pedimos a quen asistiu que nos deixe nos comentarios as impresións vividas e a opinión sobre este tipo de actividades. En troca, deixamos estas fotos e prometemos algo máis:
Palabra de Cándido Pazó on PhotoPeach
Para Ler en Abril
No seguinte documento, non vas ler ben porque a orientación non é a adecuada; mais podes ir á columna lateral e, na sección Guías, tés un arquivo .pdf co mesmo texto, que podes orientar á vontade.
Publish at Calaméo or browse others.
quarta-feira, 1 de abril de 2009
Bon día (das mentiras)

Si, hoxe é permitido enganar, mentir, facer brincadeiras -sen incorrermos na ruindade, claro-.
Celebramos o Dia das Mentiras ou Dia dos Enganos ou Dia dos Bobos. Este festexo foise perdendo en favor do Día dos Santos Inocentes, de orixe cristiá; mais aínda podemos facer con que se recupere e, por cima, sen grande esforzo e con riso asegurado.
Podes encontrar información aquí
Subscrever:
Mensagens (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas , a Biblioteca Ollos Gran...