Hoxe, Flocos TV, o Cineclube do Audiovisual Galego, inaugura nova sección: Literatura Galega no Cinema.
Recomendamos que visitedes a páxina e, mentres non pasades por Flocos, deixamos aquí Río de Sombras, unha versión do relato "O Suso" de O Crepúsculo e as formigas de Méndez Ferrín.
E dedicámolo especialmente para o alumnado de 2º de bacharelato -e tamén de 4º de ESO- que anda ás voltas coa "Nova Narrativa".
Río de sombras levou o Gran Premio Especial do Xurado no festival de curtametraxes de Alcalá de Henares en 1987. "Está dirixida por Daniel Domínguez, un dos mellores guionistas galegos. E, como curiosidade, no seu equipo conta con nomes que destacaron despois por distintos motivos: foi a primeira actuación pública de Alberto Comesaña e Teté Delgado, e tamén interveñen a cantante Uxía Senlle e Raúl Francés, actual alcalde do Porriño. A música é de Quico Paz Antón (Na Lúa) e o axudante de dirección foi Manolo González, director da Axencia Audiovisual Galega".
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Anosado con Luís Tosar, ex-alumno do instituto, anosado co seu discurso e a súa viciñanza. Parabéns, Luís! Sentimos orgullo polo teu magníf...
-
Do blogue do CEIP Isaac Peral (que suxerimos para encontrar unha amplísima información e documentación para traballarmos nas aulas acerca ...
Sem comentários:
Enviar um comentário