In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quarta-feira, 13 de maio de 2009

Matemáticas na Rúa

O pasado 13 de maio o grupo de 4ºC celebrou o día escolar das matemáticas participando na actividade Matemáticas na Rúa. Tratábase de percorrer distintas estacións matemáticas distribuídas polo recinto amurallado resolvendo problemas de aritmética, xeometría e lóxica. Había, ante todo, que divertirse xunto a 400 rapazas e rapaces de toda a provincia, e a experiencia pagou a pena.

Queremos destacar o excelente traballo en equipo realizado, o compañeirismo, a ilusión alí deixada, todo o esforzo compartido. Todo un 10.

De seguido amosamos unhas fotos tomadas nesta mañá na que disfrutamos coas matemáticas:





1 comentário:

Anónimo disse...

Este tipo de aprendizado sempre deixa pegadas que non se esquecen.
E, para quen quedou nas aulas tradicionais, o persoal participante será moi xeneroso se deixa por aquí comentarios contando algunha experiencia vivida.
Grazas desde xa e grazas tamén a Manuel por informar.
Maria