segunda-feira, 14 de setembro de 2009

Agradecimento á EF do Porto


Comezamos ano académico con un especial agradecimento; é para a Escola de Física do Porto polo traballo que desenvolve na Escola de Verão de Física e por ter seleccionado, para esta 5ª edición, alumnado do noso centro. Grazas á Vitória Sánchez do IES Martaguisela do Barco, por me ter informado da convocatória, e a Xavier Valle Regueiro por nos ter deixado un comentario na entrada anterior, contando as súas impresións sobre o vivido no Porto.

Xavier Valle Traballou en Supercondutividade e Ana Gallego en Econofísica: Análise de mercado financeiro. En canto agardamos por unha crónica da actividade que desenvolveron -agradeceriamos que Ana tamén nos contase algo-, deixamos a seguir un vídeo do proxecto de Xavier:



3 comentários:

Anónimo disse...

Ola son o Xabier:
Non hai de que, é máis, as grazas dounas eu ao instituto pola oportunidade, especialmente a María Xosé e a Isabel.
Xa lle direi á Ana que comente algo da nosa experiencia.
E por certo, se alguén ten algunha dúbida sobre a supercondutividade, estaría encantado de poderlle explicar o que aprendín.

Perdón pola apreciación pero, coido que "Xavier", en galego, é con "b", aínda que non estou completamente seguro, e no caso de seren en portugués, tampouco teño problema ningún, que "gosto muito", jaja.
Unha aperta!

Ana Gallego disse...

Bueno, teño que dicir que esta foi unha gran experiencia tanto para coñecer Portugal como para aprender física. Tanto eu (Ana), coma Javier pasámolo moi ben e apredemos moito na escola. Gracias por darnos esta oportunidade.

Maria disse...

Moitas grazas aos dous; desculpa, Xabier, mais se gostas, deixamos "Xavier".

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...